Visitas

lunes, 28 de noviembre de 2016

FILOSOFÍA 2º - SÍMIL DA LIÑA



COMENTARIO DE TEXTO
PLATÓN

Este texto trata ó símil da liña e ten como tema os graos do coñecemento: opinión e ciencia.

O autor de este texto é Platón, un filósofo discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles, que naceu en Atenas non ano 447 a.C. A política é un tema constante nas súas obras debido a condena a morte do seu mestre Sócrates, o cal el consideraba un home xusto, e é por iso que el quere construír unha sociedade xusta gobernada por filósofos. É contrario ós Sofistas, e fronte ó relativismo destes, el defende a existencia de ideas ou verdades eternas e inmutables.
As súas obras están escritas como diálogos nos cales emprega mitos para unha mellor comprensión. Os seus diálogos están divididos en catro períodos: período de mocidade ou socrático (diálogos nos que recolle as ideas do seu mestre), período de transición  (aparecen os primeiros esbozos da teoría das ideas), período de madurez (aparece desenvolvida a teoría das ideas) e o período de vellez (Sócrates xa non é o protagonista, mostra as súas dúbidas e revisa críticamente a teoría das ideas).
Finalmente, morre en Atenas no ano 347 a.C.

O texto pertence ó diálogo República do período de madurez de Platón.
No símil da liña, Platón fala da división dunha liña en distintos niveis e graos de coñecemento. Primeiro, divide a liña en dúas partes desiguais, e diferencia o xéreno intelixible, que forma parte do mundo das ideas, do xéreno visible que forma parte do mundo das cousas. Éstes dous xénros a súa vez divídense en outras dúas partes.
Platón divide a parte do xénero visible en eikasia e pistis, e por último, a parte do xénero intelixible, divídea en dianoia e noesis.

Na súa teoría filosófica, Platón plantexa a división da realidade en dous mundos (dualismo ontolóxico): o mundo sensible ou mundo das cousas e o mundo intelixible ou mundo das ideas.
O mundo sensible é o que nos coñecemos como o mundo que nos rodea e está formado por unha multitude de individuos, cousas, animáis, etc. É un mundo mutable e imperfecto que ten copias do mundo intelixible. A éste mundo pertence a opinión (doxa), o xénero visible dividido en imaxes, e seres naturais e artificiais.
O mundo intelixible ou mundo das ideas (esencias e modelos perfectos das cousas sensibles) é un mundo eterno, inmutable, inmaterial e único. O mundo das ideas é unha realidade invisible, polo tanto, un mundo non perceptible polos sentidos. A éste mundo pertence a Ciencia (espisteme), o xénero intelixible dividido en obxectos matemáticos e ideas. Polo tanto a verdade absoluta atópase no último dos niveis.

Para chegar ó mundo das ideas, Platón, di debemos iniciar un proceso de coñecemento, e para explicalo recurre ó símil da liña.
Platón di que hai que imaxinar unha liña e dividila en dúas partes desiguais. A primeira parte, é a opinión (doxa) que fai referencia ó mundo sensible ou mundo das cousas e a segunda parte, que é a parte máis alta, é a ciencia (epísteme) que fai referencia ó mundo intelixible ou mundo das ideas.
A opinión (doxa) só se basa na experiencia ou sensibilidade, por iso Platón a divide en dous niveis. Ó primeiro nivel é a eikasia, e nel temos as sombras das cousas, e só podemos ter conxecturas ou suposicións. Ó segundo nivel é a pistis, baseada na fé e nas creenza. Polo tanto, as suposicións igual que as creenzas, non son máis que opinións porque non son o auténtico coñecemento.
A ciencia (epísteme) é o auténtico saber, porque é coñecemento racional do mundo ideal ou intelixible. Platón tamén a divide en dous niveis. O tercerino nivel está por encima dou outros dous, e é a dianoia, que se basea en que a nosa vía de coñecemento é o pensamento razoado ou razón discursiva. E por último, o cuarto e o máis alto nivel, é a noesis que ten como ferramenta a intelixencia ou razón intuitiva.
Estes diferentes niveis son a ascensión da alma. Ésta debe ir subindo cada un dos niveis ata chegar ó nivel máis alto, que é o das ideas, o nivel da intelixencia pura onde se atopa a realidade absoluta, a idea de ben.
Para Platón a alma é inmortal e non hai nada que ésta non sepa, posto que antes de encarnarse nun corpo, ésta vive no mundo intelixible, polo tanto, percibe as ideas, a esencia e os modelos perfectos das cousas sensibles. No momento en que a alma se encarna nun corpo, pasa a vivir no mundo sensible, e esquece todos os coñecementos do mundo intelixible. Polo tanto, o aprendizaxe é que a alma lembre o que xa sabía. Isto é, o ser humano cando coñece unha verdade, realmente non está aprendendo algo novo, senon que a nosa alma recorda unha verdade a que tivo acceso antes de encarnarse.
Así que, Platón di que grazas a intervención de un maestro é como a alma consegue lembrar eses coñecementos olvidados, e polo tanto ensinar non é introducir un coñecemento na mente de alguén, senon incitar a que esa persoa descubra o seu interior a verdade absoluta a través da súa alma.
Polo tanto, o coñecemento das ideas fai ós homes sabios, que son para Platón os que deberán guiar a cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario