Visitas

lunes, 28 de noviembre de 2016

FILOSOFÍA 2º - PRESOCRÁTICOS, SOFISTAS E SÓCRATES



FILOSOFÍA GREGA

- Quén son os filósofos presocráticos e cal é a súa principal preocupación?

Os presocráticos son os primeiros filósofos da historia que apareceron co paso do Mito ós logos, e a súa principal preocupación foi buscar o Arxé da Physis (principio da natureza).
Había dous tipos de filósofos, os monistas e os pluralistas.
Os monistas eran Tales, Anaximandro e Anaxímenes.
Os pluralistas eran Empédocles, Anaxágoras, Demócrito, Heráclito e Parménides.

- Intenta facer un resumo das ideas máis importantes dos filósofos presocráticos.

Os filósofos presocráticos constitúen o período cosmolóxico xa que se preocupan polo Arxé da Physis.
Para eles non hai deuses que actúen sobre a natureza e os acontecementos pódense explicar como resultado dun principio que está nas cousas.
Os filósofos presocráticos clasifícanse en monistas (un único principio - Arxé da Physis) e pluralistas (Arxé múltiple).
Os filósofos monistas eran Tales, Anaximandro e Anaxímenes.
Os filósofos pluralistas eran Empédocles, Anaxágoras, Demócrito, Heráclito e Parménides.
Os primeiros filósofos son os de Mileto.
Tales, Anaximandro e Anaxímenes, estableceron a auga, o apeiron e o aire como arxé da natureza.
Os pitagóricos teñen como arxé os números e tamén creen na inmortalidade da alma, na idea da transmigración, proceso de purificación para que a alma volte ó mundo que pertence. Para eles o corpo é a cárcere da alma.
Heráclito afirma que o arxé é o lume e transmite a súa concepción da realidade decindo que os seres cambian, polo tanto, non son fixos e estables.
Parménides é o filósofo oposto a Heráclito. Para Parménides o arxé é o ser, e para él hai dúas vías: a da verdade (epísteme) e a da opinión (doxa). El afirmaba que a verdade se descubría pola razón e que as cousas do mundo que vemos participan ou imitan a realidade eterna do ser, da ideas. Polo tanto, negaba todo cambio.
Empédocles tiña como arxé a auga, a terra, o aire e o lume, que precisan dunha causa externa que os poña en movemento (amor-odio).
Anaxágoras tiña como arxé as sementes que para él, eran eternas e carecían de movemento. Según él, o movemento procedía do chamado dunha forza externa chamda NOUS (forza cósmica).
Demócrito en contraposición tiña como arxé os átomos.

- Por qué se denomina período antropolóxico ó período filosófico de Sofistas e Sócrates?

Porque nese período céntranse nas cuestións relacionadas coa vida e a conducta dos seres humanos na comunidade, nos problemas éticos e políticos, dando así lugar, a reflexión de chegar a unha vida boa e feliz.

- Ideas principais do pensamento Sofista.

Os sofistas deixan en segundo plano a orixe da natureza e céntranse nos problemas éticos e políticos (ben, xustiza, leis), producíndose así o xiro antropolóxico.
Para eles é máis importante o ser humano e a sociedade (polis).
Os sofistas aparecen como mestres e ensinan con ánimo de lucro, e polo tanto, non son moi ben vistos na sociedade.
Teñen unha actitude crítica ante as institucións e defenden o relativismo ante a verdade e os valores morais.
Eles sosteñen o escepticismo fronte á capacidade do entendemento humano para atopar a verdade.
Teñen confianza na educación, no valor da retórica e na dialéctica, aspirando así, ó éxito político.

- En qué están dacordo os Sofistas e Sócrates? En qué opinan o contrario?

Os sofistas e sócrates comparten a idea da bondade natural do home, así como, a súa confianza na razón e a necesidade de fundamentar a práctica política en bases racionais.
Para ambos, a procura da xustiza ten que partir das situacións ordinarias que vive o home.
Os sofistas e sócrates tamén teñen ideas contrapostas.
Sócrates abandona a disputa e valora a palabra como expresión do pensamento, mentres que os sofistas utilizaban o diálogo para convencer na asamblea.
Sócrates está convencido de que existe a verdade universal, todo o contrario do que pensan os sofistas, que según eles, non existe a verdade universal, xa que depende da cultura, da persoa…
Sócrates non acepta a separación entre individuo e sociedade. Para él, o ben individual e ó colectivo deben concordar. Sócrates pensa que as leis son protectoras do individuo e do Estado polo pacto persoal que o cidadan establece coas leis da súa cidade. Sen embargo, os sofistas cuestionan as leis relixiosas de Atenas e a estructura de poder das grandes familias aristocráticas.
Sócrates non admite o relativismo, para él, a razón ten que servir para o descubrimento das cousas, mentres que, os sofistas levan o relativismo ó extremo decindo que non existe a verdade.

- Explica en que consiste o intelectualismo moral de Sócrates.

O intelectualismo moral para Sócrates, é a teoría moral, para él, saber e virtude coinciden. É dicir, so o que sabe o que é a xustiza pode ser xusto, e esa virtude pode e debe ser ensinada.

- Explica o método Socrático.

Sócrates axudaba ós homes a descubrir a verdade que cada un levaba dentro de sí. Él a este método chamáballe maieutica.
A maieutica constaba de dous momentos: unha parte negativa e destructora, e outra  parte positiva e constructiva.
A parte negativa é a erística. Sócrates con preguntas intenta convencer ó interlocutor de que ten opinóns e acepta afirmacións que ó sometelas a examen, en realidade levan á contradicción e a un camiño sen saída. Sócrates na parte negativa fai gala dunha fina ironía.
A parte positiva é cando o interlocutor acepta a axuda e a investigación prosegue ata que o diálogo remata coa definición do que se está a buscar.

- Cómo inflúe Sócrates en Platón?

Sócrates inflúen en Platón na búsqueda da definición de conceptos morais, na procura da verdade absoluta, e esa verdade absoluta será o punto de partida de Platón que o levará a teoría das ideas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario