Visitas

lunes, 28 de noviembre de 2016

FILOSOFÍA 2º - MITO DO CARRO ALADO



COMENTARIO DE TEXTO
PLATÓN

Este texto trata ó mito do carro alado e ten como tema o dualismo antropolóxico que dá unha visión dualista do ser humano, o cal está composto por alma e corpo.

O autor de este texto é Platón, un filósofo discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles, que naceu en Atenas non ano 447 a.C. A política é un tema constante nas súas obras debido a condena a morte do seu mestre Sócrates, o cal el consideraba un home xusto, e é por iso que el quere construír unha sociedade xusta gobernada por filósofos. É contrario ós Sofistas, e fronte ó relativismo destes, el defende a existencia de ideas ou verdades eternas e inmutables.
As súas obras están escritas como diálogos nos cales emprega mitos para unha mellor comprensión. Os seus diálogos están divididos en catro períodos: período de mocidade ou socrático (diálogos nos que recolle as ideas do seu mestre), período de transición  (aparecen os primeiros esbozos da teoría das ideas), período de madurez (aparece desenvolvida a teoría das ideas) e o período de vellez (Sócrates xa non é o protagonista, mostra as súas dúbidas e revisa críticamente a teoría das ideas).
Finalmente, morre en Atenas no ano 347 a.C.

O texto pertence ó diálogo Fedro do período de madurez de Platón. No mito, Platón di que hai un conductor que guía unha xugada de cabalos, dos que un é un cabalo bo e fermoso e o outro é malo e feo, e da problemas ó auriga que non o dome. O auriga debe dominar os dous cabalos, e así a alma, perfecta e alada, pode sucar as alturas e gobernar no Cosmo, sen embargo, se ésta perde as súas ás, cae e apodérase dun corpo terrestre. A alma aliméntase e crece co sabio, fermoso e bo, pero co malo e torpe, ensómese.

Para explicar este mito, hai que partir do dualismo ontolóxico: o mundo sensible ou mundo das cousas e o mundo intelixible ou mundo das ideas.
O mundo sensible é o que nos coñecemos como o mundo que nos rodea e está formado por unha multitude de individuos, cousas, animáis, etc. É un mundo mutable e imperfecto que ten copias do mundo intelixible. A este mundo é ó que cae a alma se non é capaz de dominar as outras partes. A alma ó caer, únese de forma accidental a un corpo, que para ela é unha cárcere. Polo tanto ten que pasar polo proceso de recordar todos os seus coñecementos para alcanzar a idea de ben e poder saír do corpo e subir así ó mundo intelixible.
O mundo intelixible ou mundo das ideas (esencias e modelos perfectos das cousas sensibles) é un mundo eterno, inmutable, inmaterial e único. O mundo das ideas é unha realidade invisible, polo tanto, un mundo non perceptible polos sentidos. A este mundo é ó que pertence e ó que ascende a alma cando consegue o equilibrio de todas as súas partes e alcanza a idea de ben.

Como consecuencia do dualismo ontolóxico, Platón dá unha visión dualista do ser humano. Os seres humanos estamos compostos por dúas partes: alma e corpo. Sen embargo, as dúas partes non teñen a mesma importancia.
A alma (psique) pertence ó mundo intelixible, polo tanto, é eterna. Ésta a súa vez divídise en tres partes: concupiscible, irascible e racional.
A parte concupiscible aparece no mito como o cabalo malo. É a parte dos instintos máis básicos do ser humano, polo tanto, atópase no ventre e é mortal.
A parte irascible representa o cabalo bo. É a parte das emocións nobres, sitúase no corazón e polo tanto tamén é mortal.
Por último, a parte racional representa ó auriga. É a parte suprema da alma que debe encargarse de controlar a parte concupiscible (cabalo malo) e a parte irascible (cabalo bo). Ésta podemos ubicala na cabeza, e é inmortal.
Nesta división tripartita da alma é na que se basea a ética de Platón, e él, fala de tres virtudes que se corresponden coas tres partes da alma: a virtude da sabedoría da parte racional da alma, a virtude da fortaleza da parte irascible da alma e a virtude da temperanza da parte concupiscible da alma.
Finalmente, se a parte racional da alma (auriga) consegue o equilibrio das outras partes, é dicir, se cada parte fai con excelencia ou virtude o que lle corresponde como tal, entón a alma alcanza a armonía e ascende ó mundo intelixible.
Platón denomina xustiza a armonía ou equilibrio entre as partes da alma.
O corpo (soma), pertence ó mundo sensible, e é mortal. A unión de corpo e alma prodúcese de forma accidental. O corpo é como unha cárcere para a alma, e a alma procura saír. Para poder saír, a alma debe conseguir o equilibrio para purificarse e volver así ó mundo intelixible.
Por todo isto, Platón afirma que non hai aprendizaxe senon reminiscencia, porque a alma é sabia, e cando se une a este mundo a través do corpo, olvida todo o que sabe e debe comezar un proceso de educación para recordar e chegar así a idea de ben.
Unha vez a alma alcanza a idea de ben pode saír da súa cárcere (corpo).

Ética e política non van por separado, xa que a idea de xustiza está na ética e na política. Para Platón, un home xusto é aquel que consegue que a súa parte racional da alma domine as outras dúas. E na sociedade a parte racional son os sabios ou filósofos, xa que eles coñecen a verdade (as ideas), e polo tanto deben guiar e gobernar ós demáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario