Visitas

lunes, 9 de enero de 2017

FILOSOFÍA 2º - FELICIDADE



MODELOS DE FELICIDADE

1. TRES MODELOS DE FELICIDADE:

Aristóteles decía que todos estamos dacordo en que queremos ser felices, pero en canto intentamos aclarar cómo podemos selo empezan as discrepancias.

- Ser feliz é autorrealizarse, alcanzalas metas propias (eudemonismo).
- Ser feliz é ser autosuficiente, valerse por si mesmo sen depender de nadie.
- Ser feliz é experimentar pracer e conseguir evitala dor (hedonismo).

Aristóteles considera que ser feliz é ser home no máis pleno sentido da palabra.
Epicuro preguntarase qué é o que move ós homes a obrar, porque a felicidade consistirá en conseguilo. O pracer (hedoné) é o que os move.
Os hedonistas cren que a felicidade consiste no pracer.
Os eudemonistas cren que a felicidade consiste na autorrealización, que ás veces proporciona pracer e ás veces non, porque o pracer consiste nunha satisfacción sensible, e as accións que nos realizan non sempre proporcionan unha satisfacción sensible.


2. FELICIDADE COMO AUTORREALIZACIÓN:

- EUDEMONISMO.

A felicidade é o fin último natural (eudaimonía).

- Ben perfecto:

- Que se busca por si mesmo e non por outro superior a el.
- Suficiente por si mesmo, quen o posúe xa non desexa outra cousa.
- Conséguese co exercicio da actividade máis propia do ser humano, segundo a virtude máis excelente.
- Conséguese cunha actividade continua.

Vía teorética e sabedoría práctica.

- Cada persoa exerce unha función na súa sociedade e para desempeñala ben ha de adquirir virtudes que a axuden a facelo.
- A felicidade consiste en exercer unha función ó longo da vida, e a virtude que axude a iso será a máis perfecta.
- As accións que teñen o fin en si mesmas son máis perfectas ca aquelas que teñen fins que son distintos delas (os efectos son máis importantes que as accións).
- Se existe unha actividade propia do ser humano (ben perfecto e autosuficiente), será do tipo de accións que teñen o fin en si mesmas.
- Estes caracteres encóntranse no exercicio da actividade teórica (actividade contemplativa).
- Para Aristóteles a felicidade consiste no exercicio desa actividade.
- É imposible manter sempre unha vida contemplativa, é preciso encontrar outra forma de vida que procure tamén a felicidade.
- Realizarase tamén moralmente quen viva dominando as paixóns para lograla felicidade.

- Nisto axudarannos dous tipos de virtudes:

- Dianoéticas (da intelixencia) => Prudencia (sabedoría práctica). Axúdanos a encontrar o termo medio entre o defecto e o exceso, e é a que orienta ás demais virtudes.

- Éticas (do carácter).

- Un home que vive segundo as virtudes é un home feliz, pero necesita vivir nunha cidade rexida por leis boas.

- A ética esixe a política => O ben supremo individual (felicidade) require unha polis, unha cidade con leis xustas.


3. FELICIDADE COMO AUTOSUFICIENCIA:

É sabio o que sabe ser feliz.
Para cínicos e estoicos o sabio é autosuficiente, porque a felicidade radica na autosuficiencia, aínda que a entendan de distinto modo.

- CÍNICOS:

- A felicidade consiste na liberdade radical do individuo fronte a tódalas normas e as institucións sociais.
- O home é bo por natureza.

- É sabio:

- O que vive segundo a natureza.
- O que despreza as convenccións sociais.
- Valora a liberdade de acción e de palabra, o esforzo, a austeridade.
- Somete todo a crítica.
- Rexeita os praceres.
- Ten por patria o mundo enteiro.
- Despreza as institucións políticas.

- Para ser feliz é preciso bastarse a si mesmo (conséguese mediante o ascetismo e o autodominio).

- ESTOICISMO:

- É sabio o que vive segundo a natureza, pero para isto deben descubrir cál é a orde do cosmos, xa que só así se sabe cómo debemos de comportarnos nel.
- Heráclito explica a orde do cosmos indicando que hai unha razón común que foberna as cousas e é para elas o destino e a providencia.
- O sabio ideal será o que se decata de que todo está nas mans do destino e máis vale asegurar a propia paz interior, facéndose insensible ó sufrimento e mais ás opinións alleas.
- O sabio é o que sabe dominalas súas emocións e non facerse ilusións con respecto ó futuro.
- A serenidade é a única fonte de felicidade pola que o sabio é autosuficiente.
- O estoicismo é unha doutrina, unha actitude permanente.


4. FELICIDADE COMO PRACER: HEDONISMO

Hai moral porque os homes buscan o pracer e foxen da dor.
Saber cales son os móbiles da conducta humana, como a que proporciona a psicoloxía.
A ética está subordinada á psicoloxía.
Non tódolos praceres e dores son iguais.
A intelixencia non serve para calculalos medios máis adecuados para logralo maior pracer posible (o intelecto moral é un intelecto calculador).
- EPICUREÍSMO:

- Contraponse ó estoicismo => Cifran o ideal de sabedoría na imperturbabilidade.
- Cifra o ideal nun goce ben calculado.

- É sabio quen sabe organizala súa vida calculando:

- Qué praceres son máis intensos e duradeiros.
- Qué praceres teñen menos consecuencias dolorosas.
-  E qué os distribúe ó longo da súa vida.

- A sabedoría ten dúas raíces:

- Pracer.
- Intelecto calculador.

- Epicuro de Samos é o fundador desta escola.

- Tivo unha grande influencia filosófica.

- É unha actitude vital permanente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario