ARISTÓTELES
(REALISTA)
- DIFERENZAS CON PLATÓN:
- Crítica ó idealismo Platónico.
- Crítica ó dualismo ontolóxico.
- Crítica ó dualismo antropolóxico.
- Crítica á Epistemoloxía platónica.
- Crítica á teoría política
- SEMELLANZAS CON PLATÓN:
- Importancia das ideas.
- Coñecemento sensible e intelectual.
- A ciencia como coñecemento por causas.
- A concepción teolóxica.
- Relación entre ética e política.
1. A REALIDADE SUBSTANCIAL:
- SUBSTANCIA: Realidade, aquilo que é e existe (individuos concretos que nos rodean).
- A diferenza de Platón, para Aristóteles, todo o que nos rodea son substancias e constitúen a única e auténtica realidade.
- Toda substancia forma parte do mundo sensible e material.
- A realidade substancial constitúe unha síntese dos dous mundos platónicos.
- HILEMORFISMO:
- Defende a composición material e formal de todas as substancias.
- Toda substancia é un composto de materia e forma.
- En todo individuo concreto se pode distinguir a meteria da que está formado e a esencia ou forma (o que o fai ser o que é).
- Nos individuos concretos, nas substancias, pódense atopar dúas dimensións que se corresponden coas dúas realidades. Por unha parte, a meteria (compoñente físico), e por outra, a forma (conxunto de calidades específicas dunha cousa que fan que sexa aquilo que é).
- Materia e forma constitúen un composto inseparable.
- SUBSTANCIA PRIMEIRA E SUBSTANCIA SEGUNDA:
- A substancia primeira son os individuos concretos.
- A substancia segunda é a esencia ou forma dos individuos.
2. POTENCIA E ACTO:
- Todo o que existe, todo o que é, é unha substancia, e esas substancias transfórmanse, aparecen e desaparecen.
- As substancias non son inmunes ó paso do tempo.
- Aristóteles rexeitaba tanto a concepción do ser de Parménides como a súa negación do cambio natural propio de todas as cousas.
- Según Aristóteles, o erro de Parménides era o feito de non decatarse de que existen diversas maneiras de ser ou non ser.
- A distinción entre non ser relativo e non ser absoluto, lévanos a unha diferenciación: potencia e acto.
- NON SER RELATIVO: Unha semente hoxe non é unha árbore, pero pode chegar a selo.
- NON SER ABSOLUTO: Nunca chegará a ser un cabalo.
- POTENCIA (DYNAMIS): Capacidade que posúe a materia dunha substancia de asumir ou recibir unha forma diferente da que ten.
- ACTO (ENÉRGEIA): É a realidade actual de calquera substancia e é a forma particular que recibiu a materia.
- Acto e potencia é o que fai posible explicar o fenómeno físico do cambio, a adquisición dunha nova forma por parte da materia.
3. ANTROPOLOXÍA E ÉTICA:
- A visión aristotélica da natureza é inseparable da súa visión metafísica.
3.1. Ser humano:
- É un ser animado (ten alma).
- Alma e vida son dous conceptos próximos e practicamente sinónimos.
- A alma é o que lle dá vida a materia ou corpo e, a súa posesión distingue os seres viventes dos seres inertes.
- O humano está constituído por unha alma.
- Aristóteles mantén unha postura dualista, considera que o ser humano é un composto de alma e corpo, de forma e materia, de acto e potencia.
- En contra da teoría platónica, o dualismo aristotélico: alma e corpo son complementarios, non opostos.
- Posuír alma é propio de todo ser animado: plantas e animais téñena, igual que os seres humanos.
- A alma é o principio vital, é aquilo que lle dá vida e enerxía ó corpo.
- Existen tres tipos de alma que cumpren tres funcións diferentes:
- Alma vexetativa: Nutritiva (propia das plantas). Está relacionada coa procura, a asimilación e o aproveitamento dos recursos vitais.
- Alma sensitiva: Apetitiva e motora (propia dos animais). Relaciónase coa percepción sensible e a capacidade de trasladarse, modificar a contorna e interactuar con el.
- Alma intelectiva: Coñecemento, reflexión, deliberación e elección (exclusiva do ser humano). Permite coñecer o mundo e a un mesmo, así como levar a termo a acción mellor.
3.2. Ética: A procura da felicidade:
- A ética é un saber práctico que trata da maneira en que deben organizar as súas vidas os humanos para ser felices.
- Nos animais, o carácter (ethos) determina o seu comportamento e a súa forma de actuar.
- O ser humano está dotado de alma racional: pode pensar, reflexionar e decidir máis aló do condicionamento do seu carácter.
- A ética ten unha importante dimensión teleolóxica: Toda acción responde a un obxectivo ou finalidade (actuamos buscando o ben).
- Os obxectos son en aparencia bens, pois en realidade trátase de medios para alcanzar outros obxectivos de carácter instumental, e detrás de todos eles agóchase un ben que se busca por el mesmo e non por outro: a felicidade.
- A felicidade (eudaimonia) é o ben supremo, desexable por el mesmo e que non se subordina a ningún outro.
- A felicidade cada un atopaa nun lugar diferente.
- A finalidade de cada cousa reside naquilo que lle corresponde segundo a súa natureza e que lle fai actualizar as súas posibilidades ou potencias.
- No ser humano, o máis natural é a racionalidade, por iso a súa felicidade consiste en exercer esta facultade (levar unha vida contemplativa dedicada ó saber).
3.3. Virtudes dianoéticas:
- A actividade que máis felicidade lle proporciona ó ser humano é a que lle é máis específica.
- Aquilo propio e característico do ser humano non é a súa dimensión vexetativa nin a súa dimensión sensitiva, senón a súa dimensión intelectiva.
- Na actividade racional, na actualización das súas potencialidades intelectuais, o ser humano atopa a máis completa felicidade.
- A boa exercitación da actividade intelectual ou racional, dótanos das excelencias ou eficiencias teóricas (virtudes dianoéticas).
- Virtudes dianoéticas ou intelectuais: Aquelas relacionadas coa capacidade de reflexión, deliberación e a capacidade para entender como é o mundo e saber aplicar o que se recoñece como correcto na elección máis acertada. Son virtudes teóricas e teñen un valor por si mesmas. No seu exercicio reside o ideal da vida e a posibilidade de máxima felicidade.
- Prudencia (phrónesis): Razón práctica ou xuízo. Capacidade de aplicar os principios xerais ás situacións cambiantes. É a virtude que nos fai recoñer cales son os medios que nos achegan ó ben e, indícanos a maneira en que se poden aplicar.
- Arte (techné): Capacidade de saber producir de maneira racional.
- Sabedoría (sofía): Comprensión teórica da realidade mediante a razón contemplativa.
- Ciencia (episteme): Coñecemento obxectivo daquilo que é universal, necesario e é demostrable.
- Intelixencia intuitiva (nous): Habilidade para captar os principios máis xerais ou axiomas da ciencia.
3.4. Virtudes éticas e o termo medio:
- O ser humano é feliz cando actúa e vive de acordo con aquilo que lle é propio (o seu máximo ben e felicidade consiste en practicar a actividade intelectual).
- O ser humano non é soamente intelecto, tamén forma parte do reino animal e ten necesidades, desexos, etc.
- Para levar unha vida dacordo co ben, ademáis de cultivar as virtudes dianoéticas, necesitan desenvolver as virtudes éticas.
- Virtudes éticas: Están relacionadas co modo de actuar no mundo, co control das paixóns e os desexos. O ser humano actúa correctamente e é virtuoso se os seus desexos e costumes se enmarcan no racional (escoller o termo medio óptimo entre dous extremos de conduta).
- O máis adecuado é buscar sempre o termo medio, a moderación en todos os aspectos do comportamento (evitar tanto o exceso como o defecto).
- Aristóteles aplica a norma do termo medio a moitas das virtudes, como a amabilidade, a veracidade, o bo humor, a xustiza…
- O termo medio depende de cada caso e de cada situación: a prudencia e a razón de cada un garante a elección correcta do termo medio.
- O ideal de vida aristotélico: Ter solucionados os problemas inmediatos. É necesario gozar de tempo libre para poder dedicarse á actividade cinetífica, á procura teórica, á contemplación do universal e necesario. Só a vida contemplativa xera a felicidade suprema, aquela que nos fai semellantes á divindade.
4. ORGANIZACIÓN POLÍTICA:
- Para Platón e Aristóteles, a ética e a política son ámbitos inseparables. Se a ética se ocupa de organizar e orientar o comportamento individual a prol do ben e da felicidade, a política organiza a vida e o comportamento colectivo para asegurar o ben común.
- Ética e política teñen o mesmo obxectivo: o benestar e a felicidade.
- A ética está subordinada a política (depende dela). É preferible o ben da comunidade á felicidade dun só individuo e o individuo soamente pode desenvolverse e ser feliz no marco da polis ou sociedade.
- A polis ten a obrigación de proporcionar as bases e as ferramentas necesarias, para que os seus membros satisfagan a súas necesidades e intereses.
4.1. Ser humano, animal político:
- O ser humano é un ser esencialmente político (polis), é dicir, social.
- O carácter social da especie humana fai que as persoas necesiten o marco da sociedade para desenvolverse como tales.
- Unha persoa é unha unidade con sentido, que debe convivir cos demais para completarse, xa que en soidade, non pode realizarse completamente.
4.2. Réximes políticos:
- O ser humano realízase en sociedade, pero é consciente de que non todas as organizacións sociais favorecen por igual ó desenvolvemento e a felicidade dos seus membros.
- Aristóteles nega a posibilidade de un estado perfecto (contrario a Platón).
- Cada pobo vive unhas circunstancias xeográficas, climáticas e culturias distintas, polo que é imposible establecer unha orde xeral válida para todos.
- Cada comunidade debe atopar a organización que se adapte mellos ás súas necesidades e recursos.
- Aínda que uns reximes sexan mellores que outros, o máis importante para que a vida social sexa satisfactoria e os cidadáns vivan felices é a estabilidade, e esta só se pode conseguir se se evitan os extremos.
- A mellor comunidade é a máis moderada, aquela na que os cidadáns non son nin moi ricos nin moi pobres (prodomina a clase media).
No hay comentarios:
Publicar un comentario