Visitas

lunes, 12 de diciembre de 2016

PSICOLOXÍA 2º - NEUROCIENCIA PARA JULIA





TRABALLO DE PSICOLOXÍA

  • Autor: Xurxo Mariño Alfonso.
  • Ano: 2012.
  • Editorial: Laetoli, S.L.
  • Xénero: Ciencias naturais.
  • Diseño de portada: Serafín Senosiáin.
  • Fotografía de portada: StockbrokerXtra.
  • Maquetación: Carlos Álvarez.

— Xurxo Mariño Alfonso

Xurxo Mariño Alfonso naceu en Lugo en 1969.
Fíxose doutor en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1998, e profesor do Departamento de Menciña da Universidade de A Coruña.
Está especializado en neurofisioloxía e dedícase a investigación do cerebro e do sistema nervioso.

O seu traballo permitiulle coñecer en produndidade as propiedades eléctricas das neuronas, as redes que establecen e os seus mecanismos de computación.
Publicou diversos traballos de investigación en varias revistas especializadas e colaborou con Massachusetts Institute of Technology (MIT), en onde pasou dous anos realizando experimentos no Departamento do Encéfalo e Ciencias Cognitivas.

É membro do grupo Neurocom da UDC.
Realiza actividades de divulgación do coñecemento científico, procurando a interacción co mundo das humanidades.

Publicou varios libros en galego: Os dados do reloxeiro, Ciencia amena para mentes inquietas (2005) e Po de estrelas (2008).
Organiza os “café-teatro científicos”, unha actividade divulgativa que leva a ciencia ós bares.
Desarrolla outras actividades de divulgación como os discurshows, os cales son unha mezcla de charla e teatro, e os monólogos do espazo de ciencia e tecnoloxía Conexións da TVG.

No ano 2011 concedéuselle o Premio Especial do Xurado do I Certamen FECYT de Comunicación Científica.


TEMA

Xurxo Mariño, para que os leectores teñan unha boa comprensión, escribe o seu libro dirixíndose a Julia, unha adolescente a cal lle explica como funciona o órgano máis coñecido, complexo e diverso, o cerebro humano.

Xurxo trata como tema a mente consciente, e comparte co público coñecementos sólidos sobre a neurociencia.
No libro, Xurxo, explica paso a paso o funcionamiento do sistema nervioso como a esencia do noso ser, e dalle protagonismo ó encéfalo.

Tamén nos informa sobre a importancia da memoria na creación do noso ser e nos explica por qué non debemos renunciar nunca a imaxinación.

Tamén nos dá unha explicación de por qué non recordamos algo despois de un golpe forte, ou incluso antes, ou tras un estado se ebriedade intenso.

Nunha das súas expliacións tamén chegamos a comprender por qué 9 de cada 10 persoas no mundo son diestras.

Xuxo cas súas explicacións quere que o lector poida comprender o funcionamento do cerebro sin que se recurra a aspectos místicos.
            Tamén nos dá unha definición de cíbor, e cóntanos que vivimos rodeados deles.

Ademáis, no seu libro fala de como a ciencia a día de hoxe, responde a preguntas tradicionais da filosofía e danos uns consellos para desenvolver algunhas capacidades do noso cerebro.


RESUMO XERAL DO CONTIDO

Xurxo, no seu libro, diríxese a Julia, unha adolescente ficticia, con intención didáctica, explicándolle de forma sencilla e amena o funcionamento do cerebro humano, e conseguir así que os lectores, deixemos de lado as especulacións a hora de entender o cerebro.
No libro, Xurxo comeza a explicar a anatomía cerebral con mapas cerebrais, segue falando da memoria, a linguaxe, os sentidos, o sono, a producción do movemento, as cosquillas, os cíborgs e o antigo problema que había que separaba a mente do corpo.
Tras a explicación do funcionamento do sistema nervioso, Xurxo, continúa co mal funcionamento da mente, é dicir, onde falla. Mentres explica isto, tamén nos da a coñecer moitas sustancias químicas e patoloxías neurolóxicas como o Parkinson, o Alzheimer e a esclerosis múltiple, que modifican a fisioloxía cerebral.
Co libro, tamén aprendemos que todo o que percibimos polos sentidos e incluso o noso ser (“eu”) é consecuencia do encéfalo.
Xurxo tamén conta, que na sociedade actual, moitas persoas creen en mitos e na idea de que só usamos un pequeno porcentaxe da nosa capacidade de computación cerebral, igual que nos fármacos milagrosos, que realmente non son así.  E é por iso, que Xurxo, comparte con nos os seus coñecementos científicos, para acabar con esas charlatanerías que a veces incluso poden ser perigosas.
Xurxo tamén nun dos capítulos do libro, despois de explicarnos o funcionamento real do sistema nervioso, di que o sistema nervioso ten mecanismos moito máis importantes e reales que a telepatía por exemplo.
No libro tamén explica con detalle a transmisión de información no interior de unha célula, que consiste en xerar señais eléctricas chamadas potenciais de acción, e que poden propagarse polo axón neuronal a unha distancia considerable. Tamén fala da comunicación entre distintas células, contándonos que iso é posible, pola transformación sináptica. Xurxo explica paso a paso e con claridade cómo se comunica unha célula con outra, liberando unha señal química chamada neurotransmisor, o cal recoñece a segunda célula, e responde a ela mediante unha molecula específica da súa membrana, que recibe o nome de receptor, xerando unha activación ou inhibición da célula.
Xurxo tamén nos dá a coñecer o modo en que, grazas ó cerebro humano, as persoas se poden comunicar utilizando impulsos eléctricos e químicos, movementos musculares e ondas de son.
No libro tamén hai un capítulo dedicado a mente animal, e nel dscribe os diferentes sistemas nerviosos que foron evolucionando: dende os sistemas máis sencillos que consisten en unha resposta debido a un estímulo, ata os sistemas autoconscientes, como n “eu-autobiográfico”. Xurxo, despois de explicar o test que se utiliza para saber se un animal ten autoconsciencia, lévanos a conclusión de que ésta non é unha propiedade moi abundante entre as distintas especies, e que a diferencia entre un cerebro autoconsciente e un máis sencillo, é o número de neuronas.
Xurxo tamén fala no libro de moitas das técnicas que permiten que os neurocientíficos coñezan o funcionamento do sistema nervioso. 


RESUMO DE CAPÍTULOS

- Capítulo 1: Unha máquina que escribe poesía.

O encéfalo está dentro do noso cráneo e é un texido que está na parte máis importante do sistema nervioso que é o máis complexo que podemos atopar.
O encéfalo xenera a consciencia, almacena os recordos, inventa, soña, e é o que nos fai humanos.
O sistema nervioso central está composto polo encéfalo e pola medula espiñal. Está recuberto por membranas e unha capa de líquido cefalorraquídeo que o protexe dos golpes e os movementos bruscos.
O cerebro está dividido en dúas metades responsables das capacidades da mente humana: a intelixencia e a consciencia. A súa vez, divídese en catro partes: frontal, parietal, temporal e occipital.
O encéfalo divídese en varias rexións: cerebro, tálamo, cerebelo e tronco do encéfalo. O cerebro non funciona sen éstas rexións.
O cerebro rodea o tálamo, que está dividido en dous e se encarga de regular a información que entra polos nosos sentidos.
O cerebelo atópase na zona da nuca e refine as ordes que envía o sistema nervioso central ós músculos, para que os movementos se realicen con precisión. Tamén está relacionado con tareas cognitivas relacionadas coa linguaxe e ten memoria para que poidamos realizar movementos sen ter que pensalos.
O cerebro, o tálamo e o cerebelo conectan co tronco do encéfalo, que é a rexión central máis primitiva que regula de maneira automática algunhas funcións vitais como a frecuencia respiratoria e o ritmo cardíaco. A prolongación do tronco hacia a parte inferior do corpo constitúe a medula espiñal.
Dentro do cráneo temos as células nerviosas (neuronas) que teñen a capacidade de xenerar electricidade e a súa forma, e as células gliales que son menos coñecidas que as neuronas.
Cada neurona ten un único axón que se ramifica para contactar con outras células, e a rexión de contacto chámase sinapsis. Cada señal que viaxa polos axóns chámase potencial de acción e faino grazas a mielina (aislante eléctrico).
Hai dous tipos de sinpasis: sinapsis química e sinapsis eléctrica. Na sinapsis química os receptores poden excitar ou inhibir as células, e na sinapsis eléctrica non hai neurotransmisores (sustancias químicas) xa que as células tócanse físicamente.
As neuronas cárganse e descárganse mediante o movemento dos ións de sodio e de potasio, consumindo moita enerxía, polo tanto, se unha neurona  deixa de recibir osíxeno e nutrientes, deixa de funcionar.
O osíxeno e a glucosa chegan ó encéfalo e ó resto do sistema nervioso a través do sangue.
No sistema nervioso periférico as prolongacións agrúpanse en nervios.

- Capítulo 2: ¿Para qué sirve todo esto?

O sistema nervioso a partir da información que obten dos órganos dos sentidos, xera un programa de contracción de músculos que permite producir movementos, polo tanto, se unha persoa carece de información sensorial, non pode producir ningún movemento coherente.
O sistema nervioso é necesario nos seres vivos que necesitan xerar movementos de maneira activa e organizada para a súa supervivencia.
Ó mover os músculos xeramos un comportamento e éste debe ter en conta o mundo exterior e interior.
Ademáis de mover os músculos, o encéfalo tamén envía ordes para a liberación de actividade interna que dá lugar a mente.
Na evolución conservouse a capacidade de planificar e anticipar os feitos inmediatos. O encéfalo utiliza a información que capta polos sentidos para crear unha representación virtual do mundo, e esa representación interna, compárase coa información almacenada na memoria e así pódense tomar decisións útiles.
Para a mente é moi relaxante que os moitos dos movementos estén controlados de maneira semiautomática polo traballo de aprendizaxe do cerebelo.
Moitos neurocientíficos consideran que a representación interna da lugar a mente e ó “eu”.

- Capítulo 3: Os sentidos. Un refinado conxunto de sistemas de detección.

O sistema nervioso para controlar o movemento e producir un comportamento necesita tomar datos do entorno.
Para movernos con eficacia e comodidade tenemos detectores da radiación electromagnética (ollos), de precisión e vibración (pel), de onda de choque do aire (oídos), de sustancias químicas (nariz e boca), de temperatura e dano nos texidos da pel, de estiramento e tensión dos músculos, acelerómetros para o equilibrio (oído interno)… O encéfalo utiliza cada unha destas vías de información para contruír unha sensación concreta no comportamento de maneira insconsciente ou producir unha percepción consciente.
O sistema visual e os seus detectores (ollos) captan parte da radiación reflexada  (luz visible) polos obxectos e a radiación que se capta do exterior e transformada en potenciais de acción.
Unha parte da información visual é analizada polo lóbulo occipital (zona posterior dos hemisferios).
Na retina hai ters tipos de conos que se activan cando a intensidade de luz é alta, e cada un deles actívase ante un rango concreto de frecuencias. Ó combinar a actividade dos distintos conos, o encéfalo construe colores.
Pola noite o que se activan son os bastóns, por iso, con pouca luz non se crean máis colores que o blanco e o negro.
O sistema auditivo é o principal sentido que se usa para a comunicación falada e é un sistema de detención de ondas do aire que pode diferenciar entre moitas frecuencias distintas, por iso, percibimos tonos e poden ser agudos ou graves.
As sustancias químicas poden aceder ó interior do noso corpo polos receptores olfativos (nariz) ou gustativos (boca), e o encéfalo ten en conta a información de ambos.
No sistema olfativo non todas as neuronas receptoras son iguais, polo tanto, unha misma sustancia química pode unirse a varios tipos de receptores e cada tipo de receptor pode detectar  máis de unha sustancia, e de ahí, que existan unha cantidade inmensa de olores.
No sistema gustativo hai moitas células especializadas en detectar sustancias saladas, dulces e con glutamo, que son sustancias que producen unha sensación pracenteira, e as amargas e ácidas que prudecen xeralmente rexeitamento.
A evolución deu lugar a receptores de gusto para alonxarno de sustancias que poden resultar perigosas, aínda que grazas a gastronomía iso non sempre é así.
A percepción do corpo lógrase coa combinación do sistema somatosensorial (tapiza a pel e alcanza o interior dos musculos e das articulacións) e o sistema vestibular (sistema de equilibrio). 
O sistema somatosensorial é un conxunto de varios aparatos que orixinan o tacto, a dor, a sensación térmica e a percepción da posición do corpo no espacio.
A orientación mediante o eco chámase ecolocación, un método que funciona moi ben de noite e é inmune ós obxectos invisibles.
O mundo que percibimos é unha recreación concreta e limitada de todo o que hai fora e esa recreación é distinta nas distintas especies.

- Capítulo 4: A máquina da realidade virtual.

O neurocientífico Rodolfo Llinás di que os seres humanos vemos todos máis ou menos o mismo.
O encéfalo é o que crea todo aquilo que vemos e oímos, xa que a súa misión principal é xerar imaxes internas do mundo que hai fora e tamén do propio corpo.
A nosa capacidade de predición é unha ventaxa de un sistema así, xa que o encéfalo ten a capacidade de calcular os efectos inmediatos das nosas accións e sopesar se é convinte ou non realizalas.
A percepción do corpo no espazo nútrese da información dos músculos, das articulacións, dos receptores de equilibrio e de algúns receptores sensoriais.
O olfato e o gusto, por exemplo, combínanse para xerar a percepción dos sabores dos alimentos, e se falta un deles, cambia o sabor do que se come e bebe.
Hay personas que ven as letras do abecedario en cores ou que perciben algúns sons asociados a certas imaxes ou cores, e iso é debido a activación de un tipo de repctor sensocial que leva a unha percepción á cal o estímulo non existe.
TN é un pacente cego que esquiva os obstáculos debido a información sensorial da que non é consciente, xa que todos recibimos máis información da que percibimos. Éstas vías sensoriales póñense de manifesto cando fallan as vías conscientes.

- Capítulo 5: Todo é unha ilusión.

As cores, os sabores e os sons, son unha construcción do encéfalo.
A imaxen que se recibe polas retinas non é completa porque a retina ten un punto cego (zona ocupada por axóns que forman un nervio óptico), así que o encéfalo inventa a imaxen do punto cego.
Outra función moi interesante do encéfalo é a eliminación de información para que pareza unha imaxen estable e contínua, xa que nalgúns momentos a información interrúmpese ó parpadear ou xirar a cabeza.
Tamén hai veces, nas cales, o encéfalo dá unha ilusión sensorial, debido a que a veces o sistema nervioso encóntrase nun compromiso.

- Capítulo 6: Cartografía encefálica.

O neurociruxano Wilder Penfield douse conta de que as neuronas da corteza somatosensorial se organizan formando un mapa de todo o corpo, e debuxou un monigote de papel xunto a unha representación do cerebro e chamoulle homúnculo.
Wilder tamén comprobou que temos un mapa motor na zona da corteza cerebral que envía ordes ós músculos.
Con isto, en persoas que sufriron amputacións, descubriuse que se a activación sensorial de unha zona é moi intensa pode ocupar o espacio de outra zona veciña do homúnculo.
O neurocientífico Vilayanur Ramachandran estudou as sensación do tacto de Tom, un pacente que perdeu o seu brazo, e descrubriu que si se lle tocaba en determinadas zonas da súa cara, éste, podía sentir a sensación de tacto nos dedos de esa man que xa non tiña.
O neurocientífico Antonio Damasio di que os mapas neuronales existen a todos os niveis de procesamento da información encefálica e que son esenciales para a emerxencia da mente consciente. Según isto, no encéfalo a información organízase en módulos que tendrían distintos mapas, que serían a primeira etapa do procesamento da información sensorial e o resto de procesamento, tendría lugar en mapas funcionales.

- Capítulo 7: A memoria.

Cando despertamos, a memoria consciente (o “eu”) reaparece como surgido da nada tras unhas horas de incosciencia.
O encéfalo almacena a información que pode ser usada para conformar o “eu” cada vez que reaparece, e a memoria consiste en almacenar toda a información útil e poder recuperala cando se precise.
Temos catro tipos de memoria. A memoria de traballo (curto prazo) é o tempo que transcurre dende que alguén nos di unha serie de números e os apuntamos, mentres que a memoria semánica se encarga de manter o significado das cousas. Tamén temos a memoria biográfica, que é fundamental para poder formar a nosa identidade, e a memoria espacial forma parte da memoria explícita que é a que garda os recordos dos cales somos conscientes. Tamén temos unha memoria a largo prazo que se chama memoria motora e que se utiliza de maneira constante pero con menos control consciente.
Según algúns neurocientíficos, un recordo consiste na activación máis ou menos simultánea dun grupo específico de neuronas, para a cal se modifica a función de unha serie de sinapsis.
O neurocientífico Alberto Ferrús chámalle a esa activación simultánea constelación de sinapsis, que forma na mente unha imaxen concreta, polo tanto, importa máis o resultado da activación conxunta que a actividade concreta de cada neurona.
A modificación da intensidade de conexión en un grupo de sinapsis, ou a morte de moitas neuronas produce a pérdida da información retida.
Grazas ó pacente Henry Molaison, que con 27 anos lle extirparon o hipocampo en ambos hemisferios cerebrales, comprobouse que o hipocampo é importante para o asentamento da memoria. Debido a extirpación do hipocampo para alivar os ataques epilépticos, Henry sufriu unha amnesia anterógrada, é dicir, el recordaba a sua vida anterior (xa que esa información non estaba almacenada no hipocampo), pero desde a operación non era capaz de formar novos recordos.
Polo tanto, descubriuse que o hipocampo non reten a memoria a largo prazo, pero si é esencial para xestionar o seu almacenamento, xa que éste garda os recordos un tempo ata que se trasladan a un lugar definitivo. Isto explica, que despois de un golpe ou incluso unha borracheira se olviden por completo acontecementos, incluso anteriores que se encontraban no hipocampo.
A linguaxe é importante para organizar os nosos pensamentos, polo tanto, iso pode estar relacionado con que nadie recorde nada dos seus primeiros dous anos de vida (amnesia infantil).

- Capítulo 8: Estable pero en continuo cambio.

Cada segundo morre unha neurona do encéfalo, e por iso, o alzhéimer, o parkinson e outras enfermedades neurodexenerativas reflexan o importante que é conservar o maior número de neuronas posibles.
As neuronas non poden xenerar as sus proxeccións despois de unha lesión.
As neuronas coas que nacemos duran toda a vida e as sus conexións son estables, e ó igual que as neuronas van morrendo nalgunhas zonas do encéfalo, tamén nacen neuronas novas que se producen a partir de células troncales, as cales son células sen especializar e se poden transformar en calquer tipo de célula do organismo.
O encéfalo ten a capacidade de repoñer algúns tipos de neuronas, e de modificarse de forma sutil grazas a sua plasticidade.
Por exemplo, unha persoa cega pon uns auriculares que xeran uns sons confusos, e éstos obtéñense a partir de unha imaxe tridimensional que captan dúas pequenas cámaras axustadas as súas gafas. O obxetivo é xerar unha imaxe mental do mundo exterior mediante a activación de unha ruta auditiva. Éstes e outros proxectos usan a plasticidade neuronal para modificar o funcionamento encefálico e de esa forma suplir algún déficit.
O neurocientífico Paul Bach-y-Rita mostrou a plasticidade do encéfalo humano xerando o sentido do equilibrio en un pacente a través da lengua. Na superficie da lengua colocouse un grupo de electrodos, e éstes conectáronse con acelerómetros que detectaban os movementos da cabeza.
O neurocientífico Michael Mercenich ofrece un software creado a partir de experiencias con persoas maiores e nenos con dificultades de aprendizaxe.

- Capítulo 9: O cerebro partido.

O sistema nervioso é bilateral e as dúas partes non son iguais, polo tanto hai dous encéfalos que toman decisións xuntos.
Os dous hemisferios cerebrais manteñen un diálogo constante a través do corpo calioso e cada hemisferio encárgase de un lado do corpo.
O nautoanatomista Pau Broca descubriu a área de Broca que está relacionada ca linguaxe e está situada no hemisferio esquerdo.
Os neurocientíficos Roger Sperry e Michael Gazaniga foron os primeiros en seccionar o corpo calioso a persoas vivas, e ó seccionar esta zona, impedíase que o efecto epiléptico se extendera ó outro hemisferio. Con isto, descubriuse que os hemisferios incomunicados se encargaban de aspectos distintos do procesamento mental, e que un hemisferio domina sobre outro en algunhas tarefas.
O hemisferio esquerdo está especializado en tarefas rutinarias que implican clasificación e análise preciso y secuencial, na búsqueda da orde que dea significado ós eventos no procesamento matemático ou a execución de movementos precisos e axustados de maneira voluntaria.
O hemisferio dereito é menos analítico e máis emocional, xa que atende ás características perceptivas dos estímulos polo que suele relacionarse coas capacidades artísticas.
Con todo isto, sabemos que, a tendencia xeral a usar a man dereita é algo que se controla dende o hemisferio esquerdo que é preciso e cuadriculado, pero non todos temos a mesma lateralización cerebral, xa que un 10% de persoas usa a man esquerda.

- Capítulo 10: ¡Acción!

Os seres humanos utilizamos o encéfalo para máis cousas que para a supervivencia.
Os músculos esqueléticos son os que se poden controlar de maneira voluntaria para movernos, falar e facer todo tipo de xestos, pero hai outros músculos como o corazón que teñen ritmo propio.
Os músculos só poden contraerse pero non estirarse e de ahí, a importancia da existencia de pares de músculos, que se complementan ó xerar movementos opostos. En conclusión, para producir os movementos só hai que xerar ordes de contracción.
Unha persoa pode perder certa capacidade de movemento tras unha lesión medular, porque se lesionan axóns que descenden dende a corteza hacia a medula espiñal. Cando máis arriba se produce a lesión, máis motoneuronas deixarán de recibir señais procedentes do cerebro e máis capacidade de movemento se perderá.
Os reflexos son movementos que ocorren sen participación do cerebro, xa que se xestionan en outras partes do encéfalo ou na médula espiñal. Os reflexos son útiles para avisarnos por exemplo, de que nos estamos quedando durmidos en unha posición peligrosa.

- Capítulo 11: A maravilla da linguaxe.

A actividade química e eléctrica que xeran as ideas canalízanse para que se activen as neuronas que moven os músculos da fala. Para que os pensamentos se convirtan en una secuencia de vibracións de aire, regúlanse as cordas vocais, expúlsase o aire e finalmente, móvese a lingua e a boca.
Tamén usamos a transmisión a través da linguaxe escrita.
As persoas xordas usan unha linguaxe de signos onde as vibracións de aire e a súa captación polo sistema auditivo son sustituídas polo sistema visual.
Para moitos científicos a capacidade da linguaxe é a que nos fai humanos, xa que influe na construcción da propia mente e forma parte da esencia do “eu”.
Os encéfalos crean realidades distintas e o idioma que falemos pode determinar esas realidades. Por exemplo, nos percibimos o azul de distinta forma que os rusos.
A psicóloga Lera Boroditsky descubriu máis aspectos entre a mente e a lingua, como o caso dos pompuraaw (comunidade do norte de Australia), que non indican a posición das cousas cardinais de maneira relativa ó corpo, senon que utilizan as referencias absolutas dos puntos cardinais (“pásame ese boli que está ó suroeste”).
Para os pompuraaw o paso do tempo segue un recorrido que é o que fai o sol na súa viaxe a través da esfera celeste.
A aprendizaxe dunha segunda lingua mellora varias capacidades cognitivas, como a velocidade de reacción e a memoria de traballo, e ademáis esos efectos son máis intensos canto antes se realice a aprendizaxe.

- Capítulo 12: Linguaxe e procesamento encefálico.

O tálamo é necesario debido a que pola retina entra moita información, polo tanto o tálamo, é un filtro que decide qué datos seguen o seu curso de camiño a corteza e qué datos se bloquean. Os datos que se filtran pasan a corteza visual, que está situada no lóbulo occipital, e alí, a imaxen comeza o seu procesamento para facerse consciente, e logo, debe ser interpretada.
Co estudo de pacentes afásicos, que teñen dificultades para falar ou comprender a linguaxe, comprobouse que hai unha rexión no hemisferio esquerdo (área Wernicke) que ten como función principal a interpretación da linguaxe. Se ésta rexión se lesiona prodúcese unha incapacidade para comprender a linguaxe. É decir, unha persoa con afasia pode ser parlanchina, a pesar da falta de comprensión, pero a súa fala será desestructurada e incoherente.
No hemisferio esquerdo temos a área de Broca que ten como misión principal activar as neuronas que moven os músculos de fonación, polo tanto, se unha persoa sufre unha lesión nesa zona, pode comprender a linguaxe pero ten dificultades para expresarse pola disminución do control sobre os músculos encargados da fala.

- Capítulo 13: O misterio do sono.

Necesitamos durmir para seguir vivos, pero os científicos non teñen unha explicación de para qué sirve.
Durante as fases do sono profundo deixamos de existir de forma consciente, e o feito de levantarnos cada mañan e ser a mesma persoa ó despertarnos débese a que a estructura do encéfalo apenas cambia.
A arquitectura funcional vaise modificando pouco a pouco ó largo da vida, e iso permite aprender novos conceptos e habilidades, pero a transición é tan suave que entre un día e outro non se notan as modificación no “eu”.
Os neurocientíficos definiron varias fases do sono según a profundidade de éste. A fase máis profunda chámase sono profundo e nela o “eu” non existe a pesar da actividade rítmica e sincronizada de millóns de neuronas, e a fase que se acerca máis a vixilia chámaselle sono REM, que é un sono no cal o “eu” volve a aparecer e os músculos paralizanse. 
Tanto o sono profundo como o sono REM, favorecen ó asentamento na memoria das experiencias que se viviron durante o día, ó mesmo tempo que serven para eliminar todo o considerado irrelevante.
Os soños son a realidade creada e inventada polo “eu”, e algúns soños poden almacenarse na memoria e recordarse ó despertar.
Varios estudos indican que durante o sono se produce un mantemento xeral do sistema para manter as células sás, xa que durante o sono as ondas lentas reducen a tasa metabólica do encéfalo, polo que se reduce a oxidación, que é negativa para os texidos. 
Non obstante, outros estudos defenden que a principal función do sono está relacionada coa conservación da enerxía.
Tamén hai varios experimentos que indican que o sono permite ou facilita a neuroxénesis, que pode ser importante para o almacenamento de algúns circuítos encefálicos.
A privación do sono ten efectos negativos na aprendizaxe de tareas visuais, nas secuencias motoras e en outras capacidades cognitivas.

- Capítulo 14: Marcando o ritmo.

A música causa pracer porque o encéfalo é un experto en detectar harmonía, e moitas das súas funcións están organizadas por ritmos internos que sincronizan a actividade eléctrica de grupos de neuronas.
Se a actividade é producida de maneira simultánea por moitas neuronas, os cambios eléctricos que se difunden ós texidos veciños, súmanse ata o punto de que poden orixinar ondas medibles na superficie da pel, de ahí a utilización do EEG, que é un detector de sincronización a través da colocación de sensores na superficie da cabeza.
Debido a que moitas función do encéfalo están relacionadas con algún tipo de oscilación rítmica, os neurocientíficos chegaron a plantexarse a existencia de reloxes biolóxicos encargados de marcar o paso ou pasos da actividade mental.

- Capítulo 15: O problema mente-corpo.

No ano 2003, Terry Wallis despertou despois de pasar 19 anos en un estado de consciencia mínima, e pola súa mente non pasara o tempo, polo tanto, ó recuperar a consciencia creía que estaba no ano 1984.
Gary Dockery tras máis de 7 anos en estado vexetativo, despertou e pasou as primeiras horas falando sen parar, pero a súa consciencia volviu a desaparecer ó día seguinte.
Se o encéfalo sufre unha lesión importante, pode perderse a consciencia durante semanas ou incluso anos. Se é unha lesión grave, pódese entrar en coma, estado no cal, a consciencia non existe e que dura como moito entre dúas e cinco semanas. Se se sobrevive ó coma, nalgúns casos prodúcese unha recuperación rápida dos niveis normales de actividade, e en outros, pode pasarse ó estado vexetativo ou estado de mínima consciencia que é un estado intermedio de duración variable. No estado vexetativo a actividade das neuronas indica que se está desperto, pero que non existe consciencia, e os movementos que se realizan son reflexos. Non obstante, se hai unha mínima recuperación, pásase ó estado de mínima consciencia, e esos estados poden tardar meses e anos en recuperarse, ou incluso chegar a ser permanentes.
O “eu” é producto da actividade metabólica e eléctrica do encéfalo e o resto de estructuras do sistema nervioso, e non se vai a ningunha parte, simplemente deixa de ser xerado pola actividade neuronal.
A mente e o corpo, o encéfalo e a mente, son cousas que non se poden separar.
A mente pode modificarse de forma notable mediante ciruxía ou fármacos, e polo tanto, modificar as capacidades cognitivas de unha persoa.

- Capítulo 16: Mente animal.

As explicacións que se propuxeron sobre a mente e a consciencia dos animais son simples conxecturas, xa que o comportamento dos animais cos sistemas máis sencillos, consiste en unha sucesión de reflexos.
Os animais son estructuras vivas que poden responder a estímulos e moverse pero sin a capacidade de poseer autoconsciencia.
Os neurocientíficos intentan coñecer si hai outros animais distintos do ser humano que posean un “eu” consciente da súa existencia.
O psicólogo Gordon Gallup creou test do espello, que se usa para comprobar si un animal ten autoconsciencia. De momento, diron positivo os gorilas, os chimpancés, os delfíns, as orcas, os elefantes e as urracas, e negativo varias especies distintas dos macacos, os cans e os gatos. A utilidade do test é cuestionable, polo tanto que o test dea negativo non indica de maneira definitiva que un animal non posea autoconsciencia.
Ó comparar as características anatómicas dos encéfalos de distintas especies, observouse unha correlación entre o tamaño do animal e o do encéfalo, pero a intelixencia e o resto das capacidades cognitivas non dependen do tamaño.

- Capítulo 17: Moléculas que cambian o “eu”.

Hai drogas que alteran a función normal do encéfalo, e outras veces, non modifican o nivel de consciencia, senon que producen algún outro efecto no funcionamento normal do sistema nervioso, como por exemplo, o que fai o curare, que é un veneno que se extrae de varios tipos de prantas e produce a parálise dos músculos.
O uso das drogas que alteran a actividade cerebral é unha práctica común na historia dos pobos, e actualmente, úsanse como ferramentas terapéuticas para tratar enfermidades neurolóxicas e psiquiátricas, aínda que, moitas persoas tamén se intoxican de maneira voluntaria porque eses cambios na mente, por algunha razón, lles resultan atractivos.
Hai unha gran variedade de sustancias químicas que poden interaccionar coa actividade neuronal e modificala, e as máis coñecidas son o alcohol, a nicotina, o THC (na marihuana), a cocaína, a heroína, o MDMA (éxtasis)… Éstas sustancias afectan ó sistema nervioso, modificando a máquina de tomar decisións e de guiar o comportamento. Ésas modificacións en algúns casos poden facerse permanentes, xa que isto, pode conducir a un círculo vicioso onde a persoa non toma máis decisións que a de seguir anulando a súa toma de decisións, esclavizando o sistema nervioso a unha sustancia química pouco útil para a supervivencia.
Tamén hai drogas que se usan para mellorar os síntomas de pacientes con párkinson, xa que alteran de forma controlada e deseada algunha das sinapsis.
Hai varias opcións para alterar o funcionamento das sinapsis. Unha opción consiste en modificar a liberación do neurotransmisor para facer que salgan ó espacio sináptico máis ou menos moléculas. Outra opción consiste en actuar sobre as moléculas receptoras do neurotransmisor.
Un fármaco antagonista pode bloquear a unión neurotransmisora. O propranolol, por exemplo, é un fármaco que bloquea os receptores da adrenalina que se usa para o tratamento da hipertensión e a ansiedade.
Tamén hai fármacos agonistas que se unen ó receptor imitando a función do neurotransmisor e activan a sinapsis. A nicotina, por exemplo, orixina en pequenas dosis multitude de efectos, entre eles unha estimulación do sistema nervioso central.
Cando as moléculas do neurotransmisor terminan o seu traballo deben ser eliminadas do espacio sináptico, e algunhas drogas como a cocaína bloquean os canais de forma que o neurotransmisor non é eliminado e continúa facendo a función con máis intensidade e durante máis tempo do normal.
Outras drogas son usadas para tratar algúns tipos de depresión ou problemas cardíacos.
En conclusión, a mente depende de maneira crítica da composición química que hai nos espazos sinápticos.
Hoxe en día, creanse ferramentas farmacolóxicas según que tipo de sinapsis esté implicada nalgunha enfermidade. A ciencia, pode axudar ou aliviar os síntomas de enfermidades do sistema nervioso.

- Capítulo 18: Cando a máquina se estropea.

Un pequeno golpe pode cambiar a percepción dos olores e dos sabores, xa que o mundo que percibimos é unha construcción do encéfalo, e se éste cambia de forma brusca, tamén o fará a nosa realidade.
O sistema olfativo conta ca capacidade de rexeneración neuronal e pode xenerar unha nova gama de percepcións olfativas, mentres que no sistema nervioso poden ocurrir todo tipo de problemas inevitables como o paso do tempo, outros que se teñen dende o nacemento e moitos outros debido a traumas causados por algún tipo de accidente.
O sistema é un aparato tan complexo que, por moi pequeno que sexa o fallo, a solución non suele ser sencilla.
As persoas con miastenia gravis agótanse moi rápido debido a que os receptores están dañados e polo tanto, a acetilcolina non pode facer o seu traballo, así que, non poden activar os seus músculos de maneira enérxica e continua a menos que tomen algún tipo de medicación.
O párkinson orixina unha dificultade para producir movementos, e o dano está no encéfalo. O párkinson disminúe a cantidade de dopamina na rexión dos ganglios basales, que é importante para a xeneración de movementos voluntarios. No párkinson prodúcese a morte das neuronas da sustancia negra e con elas, pérdese a mensaxe que deben comunicar en forma de dopamina. Ésta enfermidade non pode curarse debido a que non se sabe cómo se produce, pero si se pode intervir na sinapsis implicada para simular o comportamento normal.
O científico Stephen Hawking padece esclerosis lateral amiotrófica, e casi non pode moverse, debido á pérdida das motoneuronas. Para ésta enfermidade tamén é moi difícil encontrar solución, xa que, as conexións están en boas condicións pero os potenciais de acción non viaxan a través dos axóns coa intensidade necesaria. Isto débese a que, o sistema inmune se confunde de inimigo e ataca a cuberta de milenina do sistema nervioso central, deixando as neuronas sen cuberta facendo que perdan a capacidade de enviar impulsos eléctricos, e polo tanto, non poidan comunicarse de maneira eficaz con outras células. 
O alzheimer prodúcese pola morte neuronal xeneralizada que dá lugar a pérdida de memoria e o “eu” autobiográfico. No alzheimer, a morte celular está relacionada co desenrolo de ovillos anómalos de proteínas no seu interior e das placas amiloideas no exterior que impiden o funcionamento normal das neuronas. Como tampouco se coñece a causa que dá lugar a esas moléculas defectuosas, non é posible atopar a cura.
Hai enfermidades máis complexas de natureza psquiátrica, como a depresión, o desorden bipolar ou a esquizofrenia, e algúns fármacos como Prozac, para a depresión, funcionan bastante ben, aínda que, non se coñecen os mecanismos da enfermidade.
Tamén se poden colar nos nosos alimentos sustancias que modifican e bloquean o funcionamento do sistema nervioso, e que teñen efectos inmediatos moi graves, como por exemplo, a tetrodotoxina, un veleno producido por bacterias que se atopa no fugu ou a saxitoxina, que pode acumularse nos mexillóns.

- Capítulo 19: A evolución do cíborg.

Un cíborg é un organismo cibernético que fai referencia a interaccion entre un organismo biolóxico e algún tipo de tecnoloxía que poida integrarse no primeiro.
A unión entre o biolóxico e o producido pola tecnoloxía, pode ser por varios motivos, dende o aumento das capacidades dos soldados na guerra, ata a simple diversión.
Un motivo moi interesante é o desenrolo de aparatos que poidan integrarse co sistema nervioso para disimular déficits, recuperar funcións perdidas ou mellorar a calidade de vida de persoas con algunha discapacidade.
Por exemplo, as células marcapasos do corazón poden fallar e isto, pode solucionarse incorporando un sistema artificial (marcapasos) que mediante descargas eléctricas simule o traballo de ésas células. As persoas con marcapasos son cíbors de primeira xeneración.
Algunhas persoas sordas poden recuperar a audición e estimular de maneira artificial, con implantes cocleares, as neuronas situadas ó largo do órgano de Corti, mediante a introducción no seu interior de unha de electrodos. As persoas con un implante colear tamén son cíborgs.
Unha persoa pode ser cega ou ter problemas de visión por fallos en calquera das rexións principais (retina, tálamo, cerebro). Se o fallo está na retina, pódense construír implantes detectores de luz que envíen señales eléctricas ás células sás do ollo.
As persoas con movilidade limitada poden interaccionar con ordenadores, brazos robóticos e outras máquinas a través do pensamento colocando electrodos na superficie do cerebro, que transmiten descargas eléctricas xeradas polas neuronas hacia algún aparacto que sexa capaz de interpretalas.

- Capítulo 20: O soño do robot.

A intelixencia artificial e os robots de aspecto humanoide forman parte da imaxinación dos seres humanos dende mediados do siglo XX, pero non se sabe si as máquinas pensantes permanecerán para sempre na imaxinación dos seres vivos, nin se se poderán construír sistemas artificiales intelixentes con unha mente como a humana con sensibilidade e capacidade de emoción e un “eu”.
Hoxe en día hai moitos aparatos que se consideran intelixentes: os móbiles, as aspiradoras, as mascotas-robots… Que parece que cobran vida cando se recargan as súas baterias.
O científico John von Neumann destacou similitudes existentes entre o funcionamento dos ordenadores e o encéfalo humano, como o funcionamiento binario. As neuronas comunícanse entre sí mediante descargas eléctricas que fluyen polos axóns e orixinan unha señal de tipo binario, e fluxo de información dos ordenadores está formado por pezas conectadas entre sí polos transitores que xeneran, tamén, señales de tipo binario.
Conseguiuse simular a actividade de grupos concretos de circuitos neuronales, pero aínda así, a tecnoloxía está lonxe de poder reproducir o funcionamento do encéfalo completo.
O filósofo John Searle di que o obxetivo é conseguir unha réplica do sistema nervioso, xa que non basta con unha simulación, e que a diferencia esencial, é que os programas informáticos, manexan símbolos pero non crean os significados asociados a eles.

- Capítulo 21: Unha central eléctrica na cabeza.

O médico Richard Caton foi o primeiro en medir a actividade eléctrica no encéfalo, e o médico Hans Berger foi o primeiro en realizar un EEG en un ser humano.
As neuronas xeran corrente eléctrica, cárganse, descárganse e vólvense a cargar grazas as sustancias químicas e a enerxía obtida da alimentación.
Unha señal eléctrica nunha neurona, prodúcese pola entrada de ións de sodio (Na+) seguido da saída de ións de potasio (K+).
O proceso neuronal de xeración de señais eléctricas mediante o fluxo de ións, conócese grazas a experimentos realizados en axóns de calamar, propostos por Alan Hodkin, Andrew Huxley e Bernard Katz.

- Capítulo 22: Chat neuronal.

Nas sinapsis eléctricas as dúas neuronas implicadas tócanse físicamente e a mensaxe eléctrica pasa sin grandes cambios de unha célula a outra, mentres que nas sinapsis químicas as dúas neuronas están un pouco separadas e a mensaxe pásase de unha célula a outra mediante unha sustancia química.
As sinapsis son zonas onde unha neurona lle di algo a outra, e a que recibe a mensaxe, actúa en consecuencia e xera unha nova señal que pode ser parecida a que recibiu ou completamente distinta.
Unha misma neurona emisora pode ser interpretada de maneiras diferentes según os receptores, aínda que a mensaxe da emisora sexa a mesma.
Hai dous tipos de receptores: os que favorecen que a neurona se excite e tenda a producir novos potenciais de acción (sinapsis excitadoras) e os que impiden que a batería da neurona se descargue e produzca potenciais de acción (sinapsis inhibidoras).
Cada neurona a partir das miles de mensaxes que recibe pola súa sinapsis, xera unha resposta que é o resultado da suma de toda esa información.

- Capítulo 23: A caixa de ferramentas.

En unha persoa viva non é fácil observar o encéfalo en funcionamento, porque está encerrado e protexido polo cráneo, polo tanto, a maior parte dos datos sobre a estructura e o funcionamento do sistema nervioso humano, obtense a partir do texido morto ou de outros animais non humanos.
O libro máis imporante da neurociencia é “Textura del sistema nervioso del hombre y de los vertebrados” de Santiago Ramón e Cajal.
O neurocientífico Santiago Ramón e Cajal propuxo varias teorías sobre o funcionamento das neuronas e de algúns dos seus circuítos.
A ciencia permite desenrolar teorías e xerar hipóteses sólidas que poden ser contrastadas con algún tipo de experimento.
Síguese usando o método que consiste en observar os cambios que sufre unha persoa tras unha lesión que afecte ó sistema nervioso central, e cando falece, estúdase con detalle o texido nervioso en busca da rexión danada.
O médico Paul Broca identificou unha zona do cerebro implicada na producción da fala, tras estudar o cerebro de pacentes incapaces de falar, porque tiñan afasia, e comprobou que tiñan lesionada a área de Broca.
A Phineas Gage atravesoulle o cráneo unha barra de ferro de uns 25 metros mentras traballaba. Como consecuencia, perdiu parte da súa corteza prefrontal e a reestructuración encefálica accidental, cambiou a súa forma de ser. A Phineas cambioulle a súa personalidade, volvéndose impaciente, groseiro, caprichoso…
Co caso de Phineas, reforzouse a idea de que os estados mentais dependen da estructura encefálica e están xestionados por rexións específicas de ésta.

- Capítulo 24: Para terminar, un conto.

Para modificar a memoria, as capacidades cognitivas ou aquilo que o encéfalo sexa capaz de facer, hai que darlle traballo ó sistema. O sistema nervioso pódese estimular de moitas maneiras, desde leer libros a xogar con videoxogos.
As actividades que esixen un esforzo intelectual como a lectura, o desenrolo de problemas lóxico-matemáticos, a introspección filosófica, o intercambio, a discusión de ideas, a aprendizaxe, os idiomas… Axudan a manter, reforzar e xerar novas conexións sinápticas que melloran a capacidade de todo o sistema.
O psiquiatra Luis Rojas Marcos, di que hai tres compoñentes do noso estilo de vida, que benefician o funcionamento da memoria e disminúen o risco de sufrir deterioro intelectual e caer na demencia: a intensa actividade intelectual, o exercicio físico regular e a participación en redes sociais, xa que promoven as relacións e a colaboración en proxectos puntuais gratificantes.
Moitas persoas na nosa sociedade creen patrañas, engaños, invencións e bobadas como as mentes que perturban despois de que o corpo morre, a transmisión telepática entre esas mentes e as nosas e o movemento a distancia de obxetos.
Acceder a información non é un problema, senon dixerila e transformala en coñecemento. Temos a nosa disposición toda a cultura e o coñecemento acumulado polos seres humanos, pero o que fagamos con esa información depende de cada un de nós


ANÁLISE DOS PERSONAXES

- Julia:

Julia é unha adolescente, á que Xurxo Mariño se dirixe para explicarlle o funcionamento do cerebro humano. 
Que Julia apareza no libro é unha gran axuda, xa que Xurxo se dirixe a ela con expresións moi coloquiais, facilitando así a a comprensión da lectura.


- Neurocientífico Rodolfo Llinás:

Naceu en Bogotá, Colombia no ano 1934, e é un médico neurofisiolóxico.
Graduouse como médico ciruxano da Universidade Javeriana. 
Actualmente é catedrático de neurociencia na escola de menciña da Universidedade de Nova York, na que ademáis, é director do departamento de Physiology & Neuroscience, na cal tamén desempeña a cátedra “Thomas y Suzanne Murphy”, no centro médico.
Dirixiu o programa do grupo de traballo científico Neurolab da NASA.
Entre as distintas aportación polas que é coñecido, encóntranse os seus traballos sobre a fisioloxía comparada do cerebelo,  as propiedades electrofisiolóxicas intrínsecas das neuronas coa enunciación da lei de Llinás, e sobre a relación entre a actividade cerebral e a conciencia.
A lei de Llinas establece que, dada unha neurona dun determinado tipo, non pode ser funcionalmente remplazada por unha de outro tipo, incluso se a súa conectividade sináptica e a do tipo do neurotransmisor liberado son idénticos.
Descubriu a inhibición dendrítica nas neuronas centrais nas motoneuronas dos mamíferos, descubriu a organización funcional dos circuítos neuronais do Córtex do cerebelo, definiu a función do cerebelo dende unha perspectiva evolutiva, fixo a primeira descripción de acoplamento eléctrico no sistema nervioso central dos mamíferos, foi o primeiro en determinar a existencia de correntes de calcio presinapticas baixo a fixación de voltaxe na sinapsis dun calamar xigante, descubriu que as neuronas dos vertebrados son capaces de xerar potenciais de acción dependentes do calcio, descubriu as canles para o calcio de Tipo-P nas células de Purkinje, descubriu o umbral baixo de activación de conductancia ó ión de calcio na oliva inferior e nas neuronas do tálamo, anunciou a lei da non intercambiabilidade de neuronas (lei de Llinás), desenrolou xunto con Andreas Pellionisz un modelo da función do cerebelo mediante análise tensorial para comprender o circuíto do cerebelo de forma dinámica, descubriu os microdominios de concentración de calcio na zona de activación presináptica, utilizou a magnetoencefalografía na investigación clínica, traballou sobre a oliva inferior e autoritmicidade neuronal, descubriu as oscilacións do potencial da membrana en subumbral, na oliva inferior, no tálamo e a corteza entorrinal, e descubriu as disritmias talamocorticales.
Creou e construiu o primeiro sistema de control motor artificial olivo-cerebelar que foi incluido no proxecto BAUV da U.S. Navy.

No libro, Xurxo destaca o que dixo de que os humanos nos puxemos dacordo nunha especie de alucinación colectiva estándar e vemos todos, máis ou menos o mesmo. Xurxo, axúdase do que él dixo, para explicar que todo o que percibimos do exterior é unha creación do encéfalo.


- Neurocientífico Vilayanur Ramachandran:

Vilayanur Subramanian "Rama" Ramachandran naceu no ano 1951.
É un neurólogo coñecido polo seu traballo nos campos da neuroloxía, da conducta e da psicofísica.
Actualmente, é director do Center for Brain and Cognition, profesor do departamento de psicoloxía e do curriculum de neurociencias na Universidade de California, San Diego, e profesor adxunto da bioloxía no instituto Salk de Estudos Biolóxicos.
Obtuvo o seu título de menciña no Stanley Medical College en Madra, India, e posteriormente doctorouse no Trinity College na Universidade de Camdridge.
Os seus primeiros traballos foron sobre a percepción da visión, pero é máis coñecido polos experimentos na neuroloxía da conducta.
Foi elixido como membro da All Souls College, Oxford, e do Royal Institution, Londres.
As súas primeiras investigacións centrábanse na visión humana usando métodos de psicofísica para obter información clara sobre os mecanismos que hai no cerebro para procesar a visión.
Descubriu novos efectos visuais e ilusións: a percepción do ralentizamento do movemento baixo equiluminancia, a percepción estereoscópica usando contornos fantasmas, o aprendizaxe estereoscópico, a percepción da forma dende sombras, e a captación do movemento.
Inventou xunto con Richard Gregory o recheo de escotomas artificiais e descubriu un novo efecto do ruído dinámico. Tamén inventou unha clase de estímulos que activan a vía magnocelular na visión humana e que agora se usan para diagnosticar a dislexia.

No libro, Xurxo cóntanos que éste neurocientífico di, que todos somos sinestésicos, xa que a combinación de varios sentidos é algo que facemos de forma habitual e sen ser conscientes.
Xurxo tamén nos conta que Vilayanur Ramachandran, ó estudar as sensacións de tacto de un pacente chamado Tom, que perdera o seu brazo, descubriu que si se lle tocaba en determinadas zonas da súa cara, Tom, podía sentir a sensación de tacto nos dedos da man fantasma.


- Pacente TN:

O pacente TN é cego, e aínda que ten os ollos e a retina en bo estado, ten danada a corteza visual, que é a rexión do cerebro esencial para a información das imaxes. Non obstante, é capaz de sortear os obstáculos sen problemas, porque ten información sensorial da que non é consciente.

Xurxo fala del no libro, para explicarnos que todos recibimos máis información da que percibimos, e que esa información está ahí, de forma continua e silenciosa.


- Neurociruxano Wilder Penfield:

Wilder Graves Penfield naceu no ano 1891, en Washigton e morreu no ano 1976, en Montreal.
Terminou a súa formación en letras na Universidade de Princeton, e máis tarde, obtivo unha beca na Universidade de Oxford, onde tivo contacto con varias figuras importantes para a súa carreira.
No ano 1928, graduouse en menciña na Universidade Johns Hopkins e continuou os seus experimentos na neuroloxía e neurociruxía con Charles Sherrington no hospital nacional de Londres.
Perfeccionou a súa técnica microquirúrxica en Nova York, Madrid e Alemania.
No ano 1928, involucrouse na fundación do Instituto de neuroloxía de Montreal, o cal comezou a funcionar no ano 1934.
Dedicouse ó estudo do cerebro humando e todo o mundo quería coñecer as novas técnicas que o seu equivo utilizaba.
Foi profesor na Facultade de menciña da Universidade McGill e traballou en Montreal General Hospital e no Royal Victoria Hospital.
No ano 1960 retirouse e dedicouse a escritura.
Foi considerado un dos meiores neurociruxanos do século XX e foi un pioneiro no tratamento quirúrxico da epilepsia e a fisioloxía do cerebro humano.
Xunto con Herbert Jasper, tratou a pacientes con epilepsia severa, que destruía as neuronas do cerebro onde aparecían as convulsións.
Antes de operar, él estimulaba o cerebro con impulsos eléctrios, mantendo ós pacientes conscientes baixo anestesia local, o que permitía observar as súas respostas ós impulsos causados. De ésta forma, podía localizar con maior precisión as áreas do cerebro responsables da epilepsia, reducindo os efectos secundarios durante a ciruxía. Ésta práctica tamén permitiu copilar mapas da corteza sensorial e motora do cerebro, mapas que presentan conexións da corteza con diversos membros e órganos do corpo e que continúan sendo usados na menciña.
Wilder descubriu que ó estimular a corteza temporal con impulsos eléctrico, se podían recordar momentos e emocións vividas
Centrouse tamén nas funcionalidades da mente.
Xurxo no libro, fala de que Wilder Penfield se deu conta de que as neuronas da corteza somatosensorial se organizaban formando mapas de todo o corpo, e que comprobou que temos un mapa motor na zona da corteza cerebral que envía ordes ós músculos.


- Pacente Tom:

Un rapaz que perdeu o seu brazo esquerdo, pero si lle tocaban en determinadas zonas da súa cara podía sentir, ademáis da cara, a sensación de tacto nos dedos da man que xa non tiña (man fantasma). O mesmo lle pasaba ó tocarlle no hombro, xusto por encima do membro amputado, notaba o hombro, pero tamén os dedos da man.
 
Xurxo cóntanos, que con él, o neurocientífico Vilayanur Ramachandran descubriu que, un membro fantasma permanece porque, aínda que non hay man, o mapa cortical aínda está ahí e segue activándose. E esas sensacións fantasma poden producirse se as neuronas cerebrais da man son estimuladas por neuronas veciñas do mapa cortical, é decir, neste caso, as que procesan a información da cara e do hombro.


- Neurocientífico Antonio C. R. Damásio:

António C. R. Damásio naceu no ano 1944, en Lisboa.
É un famoso médico neurólogo de orixen portugués.
Estudou na facultade de menciña da Universidade de Lisboa, onde residía e completou tamén o seu doutorado. Máis tarde, transladouse ós Estados Unidos como investigador visitante durante 6 meses, no Aphasia Research Center, en Boston. Alí, o seu traballo sobre a neuroloxía do comportamento estivo baixo a supervisión de Norman Geschwind.
É profesor da cátedra Dabid Dornsife de psicoloxía, neurociencia e neuroloxía na Universidade do sur de California, onde dirixe o Intitute for the Neurological Study of Emotion and Creativity dos Estados Unidos.
Como escritor de ciencia, os seus libros falan sobre a relación entre as emocións e os sentimentos e as bases de éstos no cerebro.

Xurxo no libro fala de que algúns neurocientíficos como Antonio Damasio, propoñen que os mapas neuronais existen a todos os niveis do procesamento da información encefálica e que son esenciais para a emerxencia da mente consciente.


- Neurocientífico Alberto Ferrús:

Alberto Ferrús é un dos grandes científicos do noso país, coñecido e recoñecido internacionalmente.
Dóelle moito que en España, o desprecien no seu campo de investigación e o coste económico e social de éste.
É profesor de investigación no instituto CSIC, do cal foi director e doctor de bioloxía.
Dou clases e conferencias importantes na universidade de moitos países, recibindo importantes premios.
Para a promoción dos estudos cerebrais, tamén, ó frente do seu equipo, realizou relevantes descubrimentos.

Xurxo no libro di, que Alberto Ferrús, chama, ó encendido simultáneo das neuronas, constelación de sinapsis e que conforma na mente unha imaxen concreta.


- Pacente Henry Molaison:

Grazas a él, comprobouse que o hipocampo é de gran importancia para o asentamento da memoria.
Era incapaz de formar novos recordos, por iso, cada instante da súa vida era unha novedade, un descubrimento continuo.
Isto debíase a que, con 27 anos se lle extirpara o hipocampo en ambos hemisferios cerebrais, para aliviar os seus ataques epilépticos. A extirpación do hipocampo foi o que lle produxo a amnesia anterógrada que lle durou o resto da súa vida.
Os seus recordos estancáronse nos 27 anos, era capaz de recordar a súa vida ata esa fecha, pero despois da operación perdeu a capacidade de almacenar novas experiencias.
En conclusión, Henry recordaba a súa vida anterior, polo que esa información non podía atoparse no hipocampo, e tamén podía aprender novas tarefas motoras, pero non podía formar máis memoria autobiográfica.

No libro Xurxo comenta que, con Henry se descubriu que as neuronas do hipocampo, non son as encargadas en reter a largo prazo a memoria, pero si son esenciais para xestionar o almacenamento. Sen o hipocampo, quedamosnos estancados no tempo fugaz da memoria a corto prazo.


- Doutor Gregory Tal:

Foi o doutor do pacente Henry Molaison.

Xurxo conta, como Henry Molaison, se comportaba cada vez que vía ó doutor Gregory Tal. Henry cada vez que o doutor saía da consulta e volvía entrar, comportábase como si nunca o vira.


- Neurocientífico Paul Bach-y-Rita:

O doutor Paul Bach-y-Rita, naceu no ano 1934, en Nova York.
Era un neurólogo que foi pioneiro no campo da neuroplasticidade, e obtivo o seu título médico na Universidade nacional autónoma de México no ano 1959. No ano 1983, foi reclutado na Universidade de Wisconsin-Madison como presidente de menciña de rehabilitación.
  A comprensión de Paul sobre a plasticidade cerebral, foi moldeada pola experiencia do seu propio pai. No ano 1959, o seu pai Pedro, sufriu un derrame cerebral que o deixou paralizado e sobre todo incapaz de falar. Nese momento, os programas de rehabilitación do accidente cerebrovascular eran moi limitados, porque nadie creia que o cerebro poidese recuperarse.
O seu irmán, George, volveu rutinas de vida simples en exercicios de entrenamento do motor, e así Pedro, volveu a camiñar, a falar, e incluso, volveu a súa vida de ensinanza, ó senderismo e a disfrutar da vida.
Despois da morte de Pedro no ano 1965, Paul comezou a pensar na recuperación do seu pai en términos de plasticidade do cerebro. 
A creenza de que o cerebro adulto era capaz de reorganizar e cambiar, foi revolucionario, e Paul canalizou o seu entusiasmo e rigor científico ó estudo da neuroplasticidade.
No ano 1960, Paul desenrolou unha silla que axudou a persoas con cegueira conxénita a ver. 
Cando foi reclutado na Universidade de Wisconsin-Madison, estableceu un programa de investigación dirixido a sustitución sensorial e finais da plasticidade do cerebro.
Para meiorar o tacto nas persoas coa pel con sensacións limitadas, como os pacentes con lepra, Paul, desenrolou un guante.
Traballou coa NASA para meiorar as capacidades sensoriais dos guantes e axudar a que os astronautas sentisen obxectos pequenos e realizasen tarefas mentres estaban no espacio.
A finais do ano 1990, Paul, explorou a lingua como un único, pero potente receptor para o tacto.
Probou o TDU, no ano 1999. Axudou as persoas cegas a ver imaxes e a persoas con impedimentos de balance a recuperar o control do equilibrio. 
No ano 2004, diagnosticóuselle cáncer de pulmón e morreu no ano 2006.

Xurxo no libro comenta que Paul mostrou a plasticidade do encéfalo humano xerando o sentido do equilibrio en un pacente a través da lengua, colocándolle uns electrodos na superficie desta, que detectaban o movemento da cabeza.


- Neurocientífico Michael Merzenich:

Michael M. Merzenich naceu no ano 1942, en Líbano.
Foi a Universidade de Portland, en Oregon, e obtivo a súa licenciatura en ciencias no ano 1964.
No ano 1968 obtivo o seu doutorado en fisioloxía, na facultade de menciña da Universidade Johns Hopkins, no laboratorio de Vemon Mountcastle, co estudo de codificación neural da magnitude do estímulo do cuero cabelludo.
Levou a cabo os seus estudos posdoctourales na Universidade de Wisconsin, alí fixo un análise de especies cruzadas do núcleo coclear, e fixo os primeiros mapas corticales auditivos de microelectrodos en varios macacos.
Tamén estivo na facultade UCSF, como científico básico no departamento de ciruxía da cabeza e pescozo da clínica Otorrinolaringoloxía.
Foi co-director do Laboratorio Memorial Coleman, onde realizou investigación sobre a corteza cerebral.
Foi presidente no Centro Keck de neurociencia integrativa da UCSF.
A súa investigación examina a enfermidade neurolóxica, os procesos da aprendizaxe e os procesos neurolóxicos da corteza cerebral.
Foi profesor e neurocientífico na Universidade de California.
Tomou os mapas da corteza sensorial desenrolados polos seus predecesores, e refinou o uso de técnicas de mapa de micro-electrodos densos.
Él creou o implante coclear Clarion.
Colaborou con vairas persoas e formou a compañía Scientific Learning. Ésta compañía, baseouse en ForWord, un rápido software que producía melloras nas habilidades lingüísticas dos nenos.
Foi director científico da aprendizaxe científica.
Tamén colaborou con numerosos estudos que investigan a plasticidade do cerebro.
A compresión de cómo o cerebro pode cambiar, permitiu desenrolar estratexias para remediar as persoas con algún déficit da fala, da linguaxe e da lectura.
Na actualidade, a súa segunda empresa, Posit Science Corporation, traballa nunha amplia gama de terapias de comportamento. O seu principal producto é a aplicación do entrenamento cerebral chamado BrainHQ.

No libro, Xurxo comenta que Michael Merzenich ofrece un software desenrolado a partir de experiencias con persoas maiores e nenos con dificultades na aprendizaxe.


- Nautoanatomista Paul Broca:

Médico e antropólogo francés que naceu no ano 1824, en Saint-Foy, e faleceu no ano 1880, en París.
Foi representante da antropoloxía positiva, e destacou polas sus investigación no campo da antropometría.
Foi profesor da cátedra de patoloxía quirúrxica da facultade da menciña de París, e médico dos hospitais de Saint Antoine e da Pieté.
Comezou a estudar Antropoloxía no ano 1847, e no ano 1859 fundou a Societè d'Anthropologie de París.
Máis tarde, creou o laboratorio antropolóxico de estudos superiores, no cal, dou clases.
Publicou varios traballos, e redactou instruccións para facilitar éste tipo de estudo. Broca concedeu unha gran relevancia ós estudos antropométricos, e en especial ós craneométricos, que incluiron cráneos primitivos, de asesinos, de distintas razas e de monos. Do estudo de éstes cráneos, Broca, sacou deducións en ocasións superficiais e erróneas.
Os estudos comparativos en cráneos primitivos, de primates e de distintas razas, fixeron pensar a Broca que o home estaba máis cerca do gorila anatómicamente, pero máis próximo ó orangután intelectualmente.
Os estudos antropolóxicos de Broca foron moi importantes polo impulso que diron a algúns temas, en especial, a antropometría. 
Broca creou diversos instrumentos e técnicas. Tamén fixo importantes aportes na neuroloxía, situando a facultade da linguaxe no frontal esquerdo, que se coñece como área de Broca, que si se lesiona produce afasia de Broca, que impide a linguaxe, a comprensión e a expresión das ideas.

No libro, Xurxo coméntanos que Paul Broca foi un gran nautoanatomista que descubriu a área de Broca, que é a que está relacionada coa linguaxe e situada no hemisferio esquerdo.
Tamén, cara o final do libro, coméntanos que Paul Broca, estudou o cerebro de pacentes incapaces de falar, porque tiñan afasia, e os seus estudos serviron para desvelar que no sistema nervioso central hai rexións concretas que se encargan de tarefas concretas.


- Neurocientíficos Roger Wolcott Sperry e Michael Gazzaniga:

Roger Wolcott Sperry naceu no ano 1923, en Hartford e morreu no ano 1994, en Pasadena.
Foi neurobiólogo estadounidense, e profesor na Universidade de Chicago. Máis tarde traballou no instituto de tecnoloxía de California.
Estableceu por primeira vez a relación entre a percepción visual e a estructura das fibras ópticas.
As súas investigacións máis importantes son sobre o corpo calloso, mediante a técnica da separación quirúrxica dos dous hemisferios cerebrais.
Nun dos seus experimentos usaba un taquistoscopio para presentar información visual dun hemisferio a outro. Cando se proxectaba unha imagen no hemisferio dereito, a información viaxaba ó hemisferio esquerdo, e ó preguntarlle ó pacente que vía, este respondía correctamente. Cando a imaxen se proxectaba no lado esquerdo, viaxando ó lado dereito, o pacente respondía que non vía nada.
Noutro experimento utilizou imaxes combinadas. A imaxen de unha muller vella no lado esquerdo e a de un home no lado dereito. Cando ó pacente se lle pedia que coa man esquerda señalase unha imaxen completa, señalaba á da muller, e cando se lle pedía que dixera qué imaxen viu, o pacente decia que viu un home. É dicir, o lado esquerdo fala, e o lado dereito recoñece os patróns.
As súas investigacións permitiron concluir que é preciso identificar o hemisferio dominante na fala antes de unha ciruxía para non interferir con ésta. Él puido comprobar que pola falta do corpo calloso, os hemisferios resultan divididos e aislados, de forma que, un deles será o que predomine dependendo de cal sexa a acción que se necesite realizar, pero non haberá comunicación entre eles.
Michael Gazzaniga naceu no ano 1939
Foi director do centro SAGE para o estudo da mente na Universidade de California.
En 1964 recibiu o doutorado do insituto de tecnoloxía de California, onde traballou baixo a dirección de Roger Sperry, coa responsabilidade de facer unha investigación da división do cerebro humano.
Tamén foi asesor de diversas institucións que participan na investigación do cerebro, e foi membro do consello do presidente sobre a bioética.
É membro dunha academia americana das artes e das ciencias, do instituto de menciña e da academia nacional das ciencias.

Xurxo comenta no libro, que Roger Sperry e Michael Gazzaniga foron os primeiros en seccionar o corpo calloso en persoas vivas, e descubriron que os hemisferios incomunicados se encargaban de aspectos distintos ó procesamento mental.
Xurxo tamén nos comenta, que grazas ós experimentos deles, a día de hoxe se sabe, que o hemisferio esquerdo está especializado en tarefas rutinarias que implican clasificación e análise preciso e secuencial, na búsqueda de orden, que dá significado ós eventos como a linguaxe e no procesamento matemático ou a execución de movementos precisos e axustados de maneira voluntaria, mentres que, o hemisterio dereito é menos analítico e é máis emocional, xa que atende as características perceptivas dos estímulos e suele relacionarse con capacidades artísticas.


- Psicóloga Lera Boroditsky:

Lera Boroditsky naceu no ano 1976, en Bielorrusia.
É profesora asociada de ciencias cognitivas na UCSD, e tamén, editora xefe de fronteiras en psicoloxía cultural.
Investiga sobre a linguaxe e a cognición, centrándose nas interaccións entre a linguaxe, a cognición e a percepción.
Graduouse na Universidade Northwestern e doctorouse na Universidade de Stanford.
A súa investigación combina os métodos e as tesis de diversas disciplinas, principalmente da lingüística, a psicoloxía, a neurociencia e a antropoloxía.
O seu traballo proporcionou unha nova evidencia acerca de si a lingua materna dá forma a nosa forma de pensar.
Atopou exemplos acerca das diferenzas no pensamento e a percepción, que se orixinan a raíz de diferencias léxicas e sintácticas, entre distintas linguaxes. 
Influiu nos campos da psicoloxía, na filosofía e na lingüistica ó opoñerse a que a cognición humana é universal e independente da lingua e da cultura.

Xurxo no libro di, que Lera Boroditsky descubriu máis aspectos entre a mente e a lingua, como o caso dos pormpuraaw, que é unha comunidade do norte de Australia. Nesa zona, non indican a posición das cousas de maneira relativa ó corpo, senon que utilizan as referencias absolutas dos puntos cardinais (pásame ese boli que está ó suroeste). Para eles o paso do tempo segue un recorrido que é o que fai o sol na súa viaxe a través da esfera celeste.


- Terry Wallis e Gary Dockery:

É un pacente que sufriu un accidente de coche no ano 1984, e qedou en coma pero non en coma profundo, senon, en un estado de conciencia mínimo, casi 19 anos.
Agora leva 3 anos esperto e cada vez vai meiorando máis: di mamá, conta ata 25 sen interrumpcións e mesmo conta algún chiste. Tamén recuperou parte da movilidade das suas pernas. A pesar de que meiorou e seus pais consideran que é o mesmo de antes, os científicos saben que ten una memoria a corto plazo limitada. Ademáis Terry só se acorda da súa vida antes do accidente e segue pensando que ten 20 anos.

Gary Dockery era un policia que, tras una chamada dun disturbio doméstico, recibiu un disparo na frente quedando nun estado vexetativo persistente.
Estivo en ese estado 7 anos e medio, e no ano 1996, foi operado dos pulmóns debido a que tiña un fluído dentro destes que o podía levar a morte. Despois da operación dos pulmóns, espertou e comezou a falar con gran enstusiasmo, recoñecendo ós seus amigos e recordando os acontecementos dos últimos anos, pero ó día seguinte a súa consciencia volveuse a desvaecer.
Un ano máis tarde morreu ós 43 anos, por un coágulo de sangue nos pulmóns.

Xurxo conta os casos de Terry e Gary, para explicar que o “eu”, é producto da actividade metabólica e eléctrica do encéfalo, e o resto de estructuras do sistema nervioso, polo tanto, o “eu” non vai a ningunha parte, senon que simplemente,  deixa de ser xerado pola actividade neuronal.


- Psicólogo Gordon G. Gallup Jr:

Naceu no ano 1941 e é psicólogo da Universidade de Albany’s, do departamento de bioloxía que se encarga de investigar a psicobioloxía.
Recibiu o seu grao na Universidade estatal de Washington no ano 1968, despois do cal se uniu a facultade do departamento de psicoloxía da Universidade de Tulane.
É moi coñecido pola proba do espello, tamén chamada, proba de auto-recoñecemento no espello.
É un psicólogo evolucionista interesado na competencia reproductiva e a bioloxía da actracción interpersoal.
Ten máis de 250 publicacións sobre temas como o auto-recoñecemento, a evolución da intelixencia, a competencia para a reproducción humana, a química do semen e o comportamento, as relacións depredador-presa, as tácticas de aseguramento parternos, as estratexias de evitación de violación e a bioloxía da atracción interpersoal e a proba do espello para a auto-consciencia dos chimpancés.
Algunhas das súas publicación más recentes inflúen na investigación sobre a psicobioloxía de bicar de forma romántica, o bostezo como un mecanismo de enfriamente do cerebro e a preeclampsia.

Xurxo no libro coméntanos o test do espello para comprobar si un animal ten autoconsciencia. Comenta que deron positivo no test os gorilas, os chimpancés, os delfíns, as orcas, os elefantes e as urracas, mentres que varias especies distintas ós macacos, os cans e os gatos, deron negativo. Xurxo di que a utilidade do test é cuestionable, polo tanto, non pasar o test non indica de maneira difinitiva que un animal non teña autoconsciencia.


- Científico Stephen Hawking:

Stephen Hawking é un científico británico que naceu en 1942, en Oxford.
Ata ós 20 anos era un persoa normal, que estudiou na University College, onde se lincenciou co título de matemático e físico. Pero, no ano 1963, diagnosticáronlle un trastorno dexenerativo neuromuscular, esclerosis lateral amiotrófica.
Os médicos supuxeron que a enfermidade acabaría coa súa vida, pero non foi así. A pesar das súas limitacións físicas, non se interrumpeu a súa actividade intelectual, de feito, máis ben incrementouse.
A súa enfermidade foise agravando co paso do tempo, chegando ó extremo de comunicarse a través de un aparato xenerador de voz. Pero isto non impediu que seguira investigando sobre o universo.
Os seus traballos máis importantes consistiron en aportar, xunto con Roger Penrose, teoremas respecto as singularidades espaciotemporais no marco da relatividade xeral, e a predicción teórica de que os buratos negros emitían radacións, o que se conoce hoxe en día como, radiación de Hawking.
Pola súa parte, alcanzou éxitos de ventas cos seus traballos sobre Ciencia, nos que discute as súas propias teorías e a cosmoloxía en xeral.

Xurxo fala sobre a enfermidade de Stephen Hawhing no seu libro, e explícanos que non pode moverse debido á pérdida das motoneuronas.


- Científico John von Neumann:

John von Neumann naceu no ano 1903, e morreu no ano 1957.
Foi matemático, aínda que, por consello de seu pai, tamén se graudou en química.
Foi fundador da teoría de xogos. Demostrou o teorema do minimax e máis tarde, publicou o libro Teoría dos Xogos xunto con Oskar Morgenstern.
Tamén, foi o primeiro en estudar as álxebras auto-adxuntas de operadores lineais acotados sobre un espacio de Hilbert. Coñecíanse co nome de W-alxebras, pero hoxe en día, coñécense como “álxebras de von Neumann”.
Foi un dos pioneiros da ciencia da computación e fixo importantes contribucións ó desenrolo do diseño lóxico ou de progamación. Creou a arquitetura dos computadores actuáis, propuxo a adopción do bit como medida da memoria dos ordenadores, e resolviu o problema da obtención de repostas fiables con compoñentes non fiables (bit de paridade).
Participou no diseño do que se considera o primeiro computador, O ENIAC. Máis tarde, propuxo separar o Hardware do software e creou o EDVAC.
Foi tan importante para o desenrola da computadora dixital, que a maioría daquelas máquinas coñécense como procesadores von Neumann.
Participou xunto con Einsten, no desenrolo da bomba atómica. E foi quen defendiu e participou na construcción da bomba de hidróxeno, e quen propuxo a construcción de mísiles intercontinentais.
Morreu aos 53 anos de cáncer de próstata, creese que a causa da exposición da radiactividade nos Álamos.

Xurxo no libro comenta, que John Neumann destacou similitudes existentes entre o funcionamento das computadoras e o encéfalo humano.
As neuronas comunícanse entre sí mediante descargas eléctricas que flúen polos axóns e orixinan unha señal de tipo binario, e nas computadoras, o fluxo de información está formado por pezas conectadas entre sí polos transitores que xeran señais de tipo binario.


- Filósofo John Searle:

Naceu no ano 1932, en Denver, e é un filósofo estadounidense.
Debido as súas aportación no campo da filosofía da linguaxe e da mente, está considerado un dos pensadores máis importantes do seu país.
Estudou na Universidade de Wisconsin.
Dende 1959 foi profesor de filosofía na Universidade de California.
A maior contribución de Searle á filosofía, é a súa teoría da intencionalidade, que se aplica ó seu enfoque da mente e linguaxe. Para él, decir que a mente é intencional é concebir que actividades da mente como percibir, desexar ou imaxinar dirixense hacia obxectos e que hai unha clara intención hacia o obxecto. Polo tanto, a mente é diferente a calquera máquina, por moi sofisticada que ésta sexa.
Él di que para comprender unha persoa ou un sistema débense usar conceptos intencionais e isto, e só posible na mente. Así que, según él, a idea de consciencia non se pode explicar mediante a teoría materialista.
É moi crítico con moitas teorías acerca da intelixencia artificial.

Xurxo coméntanos que John Searle, ten moi claro que a mente non pode xurdir de nada que se pareza a un programa de computadora actual, e que o obxectivo era conseguir unha replica do sistema nervioso, xa que non basta con unha simulación. E para John a diferencia esencial é que os programas informáticos menexan símbolos, pero non crean os significados asociados a eles.


- Médico Richard Caton:

Richard Caton naceu no ano 1842, e morreu no ano 1926.
Foi un científico moi importante para o descubrimento da natureza eléctrica do cerebro e sentou as bases de Hans Berger para descubrir a onda alfa da actividade do cerebro humano.
No ano 1875 informou a asociación médica británica en Edimburgo, de que utilizara un galvanómetro para observar os impulsos eléctricos das superficies dos cerebros de coellos e monos.
Despois de morrer, Hans Berger recoñeceu a súa importancia e citouno no seu informe para o descubrimento das ondas alfa.

Xurxo cóntanos no libro que Richard, foi o primeiro en medir a actividade eléctrica do encéfalo no ano 1875, utilizando un aparato similar ós multímetros actuais para medir correntes eléctricas en coellos e monos. 
Tamén nos conta, que RIchard presentou o seu descubrimento nun congreso da Asociación Médica Británica no ano 1875, e que nunha nota escribiu “Las corrientes eléctricas de la sustancia gris parecen estar relacionadas con su función”.
Para Xurxo, Richard non iba por mal camiño.


- Médico Hans Berger:

Naceu no ano 1873, en Alemania.
Estudou menciña en varias Universidades do seu país, e conseguiu o posto de asistente no hospital neuropsiquiátrico de Jena no ano 1897.
En 1916 converteuse no Director do hospital, e en 1927 en rector da Universidade.
Dirixiu o hospital ata o ano 1938 e sufriu durante os seus últimos o inferno nazi, que o levou a unha profunda depresión e finalmente, ó suicidio.
Ó principio do seu traballo en Jena, interesouse polas bases físicas da psicoloxía, investigando o problema da enerxía psíquica. Despois intentar demostrar sin éxito unha relación entre a temperatura cerebral e a actividade psíquica, converteuse nun neurofisiólogo e comezou a rexistrar a actividade eléctrica espontánea en cerebros de cans e gatos.
Levaba os seus estudos casi en secreto, fora do seu horario laboral.
No ano 1924 foi capaz de rexistrar a actividade eléctrica cerebral do seu fillo Klaus, e foi o primeiro en realizar un electroencefalograma.
Primeiro rexistrou a actividade eléctrica de cerebros expostos en procedementos quirúrxicos e en pacentes que sufriron feridas na cabeza durante a primeira Guerra Mundial e, máis tarde, a través do cráneo intacto.
Estudou as ondas cerebrais de numerosos trazados, incluindo 73 estudos realizados ó seu fillo e 56 a sí mesmo. Así foi capaz de sentar as bases interpretativas da técnica, estraendo numerosas e moi acertadas conclusións.
Describiu as ondas alfa e beta, xeradas polo córtex cerebral dos suxeitos sans, comprobou cómo as ondas alfa desaparecían coa apertura papebral dando paso ás beta, e cómo isto se producía en resposta a outros estímulos sensoriais.
Describiu as particularidades do EEG e os efectos dos narcótivos sobre él.
Comprobou os cambios no EEG nos pacentes con hemorraxias cerebrais, tumores e contusións.
Describiu os ritmos interictales de pacentes con epilépsia e tamén a resposta a hiperventilación.
Rexistrou a actividade cerebral durante unha crisis de ausencia.
Antes do inicio da segunda Guerra Mundial, foi candidato ó premio Nóbel, non obstante, renunciou a él para evitar a súa instrumentalización polo réximen nazi.
No ano 1936, as autoridades retirárono do seu cargo e prohibíronlle seguir investigando.

Xurxo fala del no libro, por ser o primeiro en realizar un EEG nun ser humano. E destaca, que a pesar das súas primeiras observacións no ano 1924, non publicou os seus datos ata o ano 1929.


- Alan Lloyd Hodgkin, Andrew Fielding Huxley e Bernard Katz-Facts:

Alan Lloyd Hodgkin naceu no ano 1914, en Banbury, e morreu no ano 1998, en Cambridge.
Foi médico e fisiólogo británico.
Estudou bioloxía e química en Cambridge e fisioloxismo nervioso en Trinity College.
Traballou no instituto Rockefeller e foi profesor en Cambridge.
Estudou a condución nerviosa e descubriu, accidentalmente, que se podían extraer as fibras nerviosas individuais de un cangrexo para realizar experimentos.
Despois, realizou investigacións coas fibras nerviosas do calamar que eran de maior tamaño, e elaborou unha detallada teoría sobre a orixe do potencial de membrana que describiu en conexión coa presenza de ións de sodios e potasio, con unha distribución específica a través da membrana.
As súas investigacións proporcionaron o coñecemento da biofísica da conducción nerviosa, que é moi importante a hora de comprender o funcionamento do sistema nervioso.
Andrew Fielding Huxley foi un fisiólogo inglés, que naceu no ano 1917, en Hampstead, e morreu no ano 2012.
Foi catedrático na Universidade College de Londres e xefe do servizo de fisioloxía dende 1960.
Descubriu o potencial de acción da membrana das células nerviosas e o papel que a bomba de sodio e potasio desempeñaba na transmisión do impulso nervioso.
Propuxo o modelo dos filamentos deslizantes para explicar o mecanismo da contracción muscular.

Bernard Katz-Facts neceu no ano 1911, en Alemania, e morriu no ano 2003, en Londres.
Traballou sobre o sistema nervioso das persoas e os animais. Descubriu que as células das persoas e dos animais se compoñen de moitas células nerviosas con largas extensións, e que as señais se transmiten entre as células das pequenas correntes eléctricas e por sustancias especiais. As transferencias prodúcense a través de sinapsis.
No ano 1950 estudou cómo os impulsos nas neuronas motoras activaban a actividade muscular, mediante a medición das variacións das cargas eléctricas. 
Mostrou cómo cada sustancia acetilcolina nas sinapsis da señal, se liberaban en certas cantidades.

Xurxo comenta no libro, que o proceso neuronal da xeneración de señais eléctricas mediante o fluxo de ións, se coñece grazas ós experimentos realizados en axón de calamar, e propostos por Alan Hodgkin, Andrew Huxley e Bernard Katz, e finalmente, confirmado de forma experimental entre os anos 1970 e 1980.
Tamén nos comenta que Andrew Huxley era medio irmán do biólogo Julian Huxley e do escritor Aldous Huxley, e todos eles netos de Thomas Henry Huxley, que foi un gran científico, amigo de Charles Darwin.


- Neurocientífico Santiago Ramón y Cajal:

Foi un histólogo español, que naceu no ano 1852, en Petilla de Aragón, e morreu en Madrid no ano 1934.
Licenciouse en menciña no ano 1973.
Despois de sentar praza na sanidade militar en 1974, foi destinado a Cuba como capitán médico das tropas coloniais.
Cando voltou a España no ano 1875, foi nomeado axudante da anatomía da escola de menciña de Zaragoza.
Anos máis tarde, en 1877, doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid.
Foi nomeado director de Museos Anatómicos da Universidade de Zaragoza en 1879 e máis tarde catedrático de anatomía da Universidade de Valenza, en 1883.
Ocupou as cátedras de histoloxía na Universidade de Barcelona en 1887 e de histoloxía e anatomía patolóxica na Universidade de Madrid en 1892.
A partir de 1888 adecouse ó estudo das conexións das células nerviosas, para o cal, desenrolou métodos propios, exclusivos para neuronas e nervios. Gracias a iso, logrou demostrar que a neurona é fundamental para o texido nervioso.
En 1900 foi nomeado director do instituto nacional de hixiene Alfonso XII.
Tamén estudou a estructura do cerebro e a do cerebelo, a medula espiñal, o bulbo raquídeo e diversos centros sensoriais do organismo, como a retina.
En 1907, fíxose cargo da presidencia da xunta para a ampliación de estudos e investigacións científicas.
En 1920, renunciou a dirección do instituto nacional, e autorizou a fundación do instituto Cajal de investigacións biolóxicas, ó que se dedicou ata que morreu.

Xurxo comenta no libro, que o libro máis importante da neurociencia é “Textura del sistema nervioso del hombre y de los vertebrados” de Santiago Ramón y Cajal.
Tamén nos comenta que Santiago Ramón propuxo varias teorías sobre o funcionamento das neuronas e de algúns dos seus circuítos.


- Phineas Gage:

Phineas Gage foi un dos pacentes máis famosos da neurociencia, debido a unha lesión cerebral traumática que sufriu, cando unha barra de ferro lle atravesou o cráneo, destruíndo gran parte da súa corteza prefrontal.
Sobreviviu ó accidente, pero sufriu cambios na súa forma de ser.
No ano 1848, Gage estaba a traballar usando unha barra de ferro, cando detonou a pólvora e fixo que barra lle atravesase o cráneo. Él foi capaz de falar e camiñar ata un coche para que o poidesen levar a un médico.
O seu primeiro doutor foi Edward H. Williams, logo, John Martyn Harlow, fíxose cargo do seu caso.
O doutor Harlow escribiu que Gage estaba consciente e era capaz de decir os nomes dos seus compañeiros, pero que non desexaba velos xa que volvería a traballar en uns días.
Despois de unha infección, Gage pasou a un estado semi-comatoso durante unhas semanas. Despois de saír de ése estado, o seu funcionamento intelectual comezou a meiorar e Harlow observou que Gage recordaba claramente cómo se produxo o accidente.
Ó ano seguinte, Harlow descubriu que Gage perdera visión nun ollo, pero a pesar diso, estaba en un bo estado de saúde física e parecía recuperado.
Gage non foi capaz de volver ó seu traballo.
A xente descríbeo como un home traballador e agradable, antes do accidente. Despois do accidente, todo leva a que él cambiou, volvéndose un borracho meleducado e agresivo, que era incapaz de manter un traballo.
No ano 1994, utilizaron técnicas de neuroimaxen para reconstruír o cráneo de Gage e determinar a ubicación exacta da lesión. Os resultados indicaron que sufriu lesións na corteza prefrontal dereita, dando lugar a problemas co procesamento emocional e ca toma de decisión racionais. Con outro estudo no ano 2004, encontrouse que os efectos foron limitados na corteza frontal esqueda.
No ano 2012, con varias investigacións, descubriuse que a barra destruíra un 11% da materia blanca no lóbulo frontal de Gage, e un 4% da súa corteza cerebral.
O caso de Gage foi unha gran influencia nos principios da neuroloxía. Os cambios observados no seu comportamento sinalaron teorías acerca da localización da función cerebral.
Hoxe en día, sábese que a corteza frontal desempeña funcións que teñen que ver coa orde superior como o razonamento, a linguaxe e a cognición social.
A historia de Gage serviu para saber que o lóbulo frontal estaba involucrado coa personalidade.
Gage morreu no ano 1860 (casi 13 anos despois do accidente), despois de sufrir unha serie de ataques de epilepsia.

No libro, Xurxo fálanos do accidente de Phineas e explícanos que por culpa do accidente, Phineas perdeu parte da súa corteza prefrontal, e a reestructuración encefálica accidental cambiou a sua forma de ser.
Tamén nos conta que grazas a Phineas, se reforzou a idea de que os estados mentais dependen da estructura encefálica e están xestionados por rexións específicas de ésta.


- Psiquiatra Luis Rojas Marcos:

Luis Rojas Marcos naceu no ano 1943.
En 1968, licencouse en menciña na Universidade de Sevilla, e emigrou a Nova York, onde reside dende entonces e se dedica a menciña, a psiquiatría e a saúde pública.
Foi doutor en menciña e ciruxía na Universidade de Bilbao no ano 1975, e en ciencias médicas na Universidade do estado de Nova York en 1977.
Especializouse en psiquiatría no hospital Bellevue e na Universidade de Nova York.
En 1972, comezou a investigar os efectos da barreira da linguaxe nos inmigrantes enfermos mentais, que tiñan dificultades para expresarse na lingua inglesa.
En 1981 foi nomeado director dos servizos psiquiátricos da rede de hospitais públicos da cidade.
O seu traballo máis recoñecido foi a creación do Project Help, que era o primeiro servizo médico móvil para atender e hospitalizar a enfermos mentais graves, desamparados e sin teito.
En 1992, designárono máximo responsable dos servizos municipais da saúde mental, alcoholismo e drogas.
Tamén creou o programa Choose to de-fuse para a prevención da violencia nos colexios públicos da cidade.
En 1995 foi elexido presidente executivo do sistema de sanidade e hospitales públicos de Nova York.
Na actualidade é profesor de psiquiatría na Universidade de Nova Yor e xefe executivo da Physicians Affiliate Group de Nova York.

Xurxo coméntanos no libro, que Luis Rojas asegura, que hai tres compoñentes no noso estilo de vida que benefician o funcionamento da memoria e disminúen o risco de sufrir deterioro intelectual e caer na demencia que son a intensa actividade intelectual, o exercicio físico regular e a participación nas redes sociais, xa que promoven as relacións e a colaboración nos proxectos puntuais gratificantes.


CITAS

_________________________________________________________________________________

…“Pero a veces las cosas más sorprendentes están más cerca de lo que imaginamos. Piensa por ejemplo, en el objeto más complicado que conozcas. A lo mejor te viene a la mente una nave espacial o uno de esos ordenadores que juegan tan bien al ajedrez. No está mal, son cosas en verdad complicadas. Pero hay algo que es todavía más complejo y que no es necesario buscar muy lejos: lo tienes dentro de tu cráneo y se llama encéfalo, una protuberancia de tejido que, como verás a continuación, es la parte más importante del sistema nervioso. Los seres humanos hemos explorado planetas, observando las estrellas y desarrollado una tecnología impresionante, pero nada de lo que conocemos se acerca en complejidad al encéfalo.”
_________________________________________________________________________________

Capítulo 1, páxina 15.

_________________________________________________________________

“¿Existen los colores?¿Y los sabores?¿Los sonidos? Existen, desde luego, pero como una construcción de tu encéfalo. Ahí afuera lo que hay es radiación electromagnética, moléculas, ondas de aire, etcétera. Como acabamos de ver, tu mundo es una recreación virtual que se hace en parte tomando esa información, y digo “en parte” porque lo que tú percibes se genera a partir de los datos frescos que entran por los sentidos, junto con la información que está almacenada en la memoria y -ahora viene lo interesante- una buena dosis de imaginación por parte del encéfalo.”
_________________________________________________________________________________

Capítulo 5, páxina 59.

_________________________________________________________________

“Eres tus recuerdos. Cada vez que te despiertas por la mañana sucede algo que, no por cotidiano, deja de ser impresionante: la mente consciente, de tu “yo”, reaparece como surgido de la nada tras unas horas de inconsciencia (quizá con alguna aparición fugaz durante los sueños). Si vuelves a ser tú, Julia, día tras día, con tu mente consciente particular, es porque tu encéfalo almacena una enorme cantidad de información que puede ser usada para conformar tu “yo” cada vez que aparece.
_________________________________________________________________________________

Capítulo 7, páxina 75.

_________________________________________________________________________________

“La importancia del lenguaje va más allá de su papel como sistema de comunicación entre mentes: influye de manera profunda en la construcción de la propia mente y es probable que forme parte de la esencia misma del “yo”. Prueba el siguiente ejercicio: ¿eres capaz de pensar en algo sin recurrir a la lengua? ¿Puedes recordar algo de tu memoria autobiográfica que no esté sustentado en palabras? Hay imágenes, reacciones e impulsos que se sostienen por sí mismo, pero la mayor parte de tu actividad mental consciente cabalga a lomos del lenguaje.”
_________________________________________________________________________________

Capítulo 11, páxina 112.

_________________________________________________________________________________

“Hay una gran variedad de sustancias químicas que pueden interaccionar con la actividad neuronal y modificarla. Esto cocurre, por ejemplo, con los antidepresivos, que buscan un cambio controlado del sistema nervioso. Sin embargo, muchas otras sustancias no se usan por indicación médica o se toman de forma inadvertida, sino que las personas se intoxican de manera voluntaria con sustancias que producen cambios en su mente que por alguna razón les resultan atractivos. Entre las más conocidas están el acohol, la nicotina (presente en el tabao), el THC (tetrahidrocannabinol, un componente de la marihuana), la cocaína (que se obtiene de la planta de la coca), la heroína (que se extrae a partir de una amapola), el MDMA (metilendioximetanfetamina, también llamado éxtasis), etc.”
_________________________________________________________________________________

Capítulo 17, páxina 150.


REFLEXIÓNS FILOSÓFICAS

No libro Xurxo Mariño, trata un tema que foi importante antigamente na filosofía.
Platón por exemplo, defendia o dualismo antropolóxico, a división entre corpo e alma. Según esa idea, o corpo é algo físico e tanxible, mentres que a mente ten unha existencia independente que incluso pode sobrevivir ó corpo.
Para Xurxo Mariño, isto son creenzas que se crean a partir da desorientación, o descoñecemento, o medo e a necesidade de dar sentido a existencia.

No capítulo dos cíborgs, Xurxo, fálanos de que hai moitos sistemas artificiais intelixentes a día de hoxe, pero que de momento non se construíu nada remotamente similar a mente humana, e que si algún día eso chegase a pasar, sería máis traballo dos filósofos que dos neurocientíficos, determinar si existe ou non unha mente consciente asociada a un deses sistemas artificiais.
Polo de agora, os neurocientíficos e os filósofos non se poñen dacordo na cuestión de se é posible crear unha intelixencia artificial ou non.
Moitos filósofos e incluso moitos científicos, son críticos coa “IA fuerte” e teñen moi claro que a mente non pode xurdir de nada que se pareza a un programa de ordenador actual, senon que hai que buscar outra máquina onde as formas de interacción entre os procesos lóxicos e a máquina física sean similares ás interaccións íntimas da mente.
O filósofo John Searle, do cal tamén fala Xurxo no seu libro, di que o obxetivo é conseguir unha réplica do sistema nervioso, xa que non basta con unha simulación. Éste filósofo fala de que a diferencia esencial é que os programas informáticos manexan símbolos, pero non crean os significados asociados a eles.


VALORACIÓN PERSOAL

Dende o meu punto de vista, Xurxo Mariño fai moi fácil a comprensión de algúns termos científicos, igual que guía dunha forma moi práctica ó lector para unha boa comprensión. Incluso podo atreverme a decir, que a viaxe con Xurxo pola máquina da mente foi como ver un documental, pero sen ter que facer esforzos para manter os ollos abertos e a mente esperta.
Non lin moitos libros que traten a neurociencia, pero creo que o libro de “Neurociancia para Julia” trata todos, ou polos menos, casi todos os temas da neurociencia.
Recomendaría sen dúbida ningunha este libro a calquera persoa, porque non se necesitan coñecementos previos sobre o campo da neurociencia para entendelo, xa que Xurxo Mariño, facilita a comprensión con exemplos e sempre vai ó gran do que quere explicar, sen dar rodeos que non leven a nada.
Para min é un libro que dende o primeiro momento te deixa con ganas de máis. Ningún capítulo do libro se fai pesado ou incluso aburrido, senon todo o contrario, no momento en que comezas a leelo non eres capaz de parar, e acaba despertando en ti a curiosidade de seguir sabendo máis, e incluso buscar máis información sobre o cerebro humano e algunhas enfermidades que afectan con importancia a nosa mente.
Por outro lado, despois de buscar información sobre Xurxo Mariño, leer varias entrevistas e ver unha das súas conferencias, quizáis me chegase a gustar moitísimo máis o libro, se nel se parase a expoñer a súa opinión persoal sobre algúns temas, en vez de explicar solo os seus coñecementos.
Quitando iso, para min foi un libro que volvería a leer, e como espertou en min tanta curiosidade, vou facer caso as súas recomendacións de libros, que aparece ó final de “Neurociencia para Julia”.


BIBLIOGRAFÍA

- ENTREVISTAS DE XURXO MARIÑO:
- V televisión (informativo): 

- TVE-Galicia (en gallego, a partir del minuto 19:35):

- La vanguardia:

- Charla de Xurxo Mariño:

- Información sobre o Neurocientífico Rodolfo Llinás:

- Información sobre o Neurocientífico Vilayanur Ramachandran:

- Información sobre o ciruxado Wilder Graves Penfield:

- Información sobre o neurocientífico Antonio Damasio:

- Información sobre o neurocientífico Alberto Ferrús:

- Información sobre o neurocientífico Paul Bach-y-Rita:

- Información sobre o neurocientífico Michael Merzenich:

- Información sobre o nautoanatomista Paul Broca:

- Información sobre os neurocientíficos Roger Sperry e Michael Gazzaniga:

- Información sobre a Psicóloga Lera Boroditsky:

- Información sobre Terry Wallis e Gary Dockery:

- Información sobre o psicólogo Gordon Gallup:

- Información sobre o científico Stephen Hawking:

- Información sobre o científico John von Neumann:

- Información sobre o filósofo John Searle:

- Información sobre o médico Richard Caton:

- Información sobre Médico Hans Berger:

- Información sobre Alan Hodgkin, Andrew Huxley e Bernard Katz:

- Información sobre o neurocientífico Santiago Ramón y Cajal:

- Información sobre Phineas Gage:

- Información sobre o Psiquiatra Luis Rojas Marcos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario