Visitas

lunes, 28 de noviembre de 2016

FILOSOFÍA 2º - MITO DA CAVERNA



COMENTARIO DE TEXTO
PLATÓN

Este texto trata ó mito da caverna e ten como tema o dualismo ontolóxico que fala de dous mundos diferentes: o mundo intelexible ou mundo das ideas e o mundo sensible ou mundo das cousas.

O autor de este texto é Platón, un filósofo discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles, que naceu en Atenas non ano 447 a.C. A política é un tema constante nas súas obras debido a condena a morte do seu mestre Sócrates, o cal el consideraba un home xusto, e é por iso que el quere construír unha sociedade xusta gobernada por filósofos. É contrario ós Sofistas, e fronte ó relativismo destes, el defende a existencia de ideas ou verdades eternas e inmutables.
As súas obras están escritas como diálogos nos cales emprega mitos para unha mellor comprensión. Os seus diálogos están divididos en catro períodos: período de mocidade ou socrático (diálogos nos que recolle as ideas do seu mestre), período de transición  (aparecen os primeiros esbozos da teoría das ideas), período de madurez (aparece desenvolvida a teoría das ideas) e o período de vellez (Sócrates xa non é o protagonista, mostra as súas dúbidas e revisa críticamente a teoría das ideas).
Finalmente, morre en Atenas no ano 347 a.C.

O texto pertence ó diálogo República do período de madurez de Platón. No mito, Platón fala duns homes que están atados con cadeas no interior dunha caverna, que non poden ver máis que o que teñen de frente, que son as sombras proxectadas á luz dunha fogueira. Un deles e ceibado e obrigado a camiñar e a mirar a luz. Así que éste chega ó exterior, ó principio non ve claramente porque lle cega a luz, pero acaba por comprender que aquilo é verdadeiro.

Platón expón a súa teoría das ideas, e a división da realidade en dous mundos (dualismo ontolóxico), a través do mito da caverna.
O mundo sensible ou mundo das cousas (o que nos coñecemos como o mundo que nos rodea) aparece representado no mito como o interior da caverna, ó cal pertencen as cousas percibidas polos sentidos. Este é un mundo imperfecto, perecedeiro e mutable, no cal só se dan copias do mundo intelixible.
O mundo intelixible ou mundo das ideas aparece representado no mito como o exterior da caverna. Este mundo só o podemos percibir coa razón, e é un mundo inmaterial, perfecto, eterno, inmutable, universal é absoluto, do cal surgen as copias que se dan no mundo das cousas. As ideas son a esencia e os modelos perfectos das cousas sensibles, polo tanto son a causa de ser das cousas sensibles, as cales participan nelas.
Os homes encadeados no interior da caverna, que ven sombras proxectadas sobre a parede que teñen diante, simbolizan a condición humana inicial, son persoas que non teñen coñecemento e viven enganadas dentro da caverna. As sombras proxectadas na parede fan referencia ós obxectos ou cousas sensibles, e simbolizan as copias da realidade.
Platón trata o camiño de saída da caverna como o proceso de coñecemento e o difícil acceso á verdade. O camiño, representa a posibilidade de perder a ignorancia e acercarse un pouco máis a verdadeira realidade, ou o que é o mesmo, ó coñecemento.
O home así que consegue chegar ó exterior da caverna, ve o Sol, que simboliza a idea de ben, a idea suprema que o home coñece en último lugar ó contemplar as ideas.
Para Platón, o mundo das cousas participa no mundo das ideas.

Como consecuencia de este dualismo ontolóxico Platón fala da teoría do coñecemento e o dualismo antropolóxico.
Para chegar ó mundo das ideas debemos iniciar un proceso de coñecemento e Platón para explicalo recurre ó símil da liña, onde aparecen os 4 niveis de coñecemento. Tendo en conta os catro niveis, Platón distingue dous graos de coñecemento: a opinión (doxa) e a ciencia (epísteme).
A opinión explica os obxectos que forman o mundo sensible, e polo tanto, comparte con éste as características de mutabilidade, temporalidade e imperfección.
A ciencia constitúe o coñecemento verdadeiro, aquel que procura o mundo das ideas, e polo tanto, a verdade absoluta, porque trata sobre o eterno, e inmutable, que son as ideas.
Ó mesmo tempo, na súa teoría antropolóxica, Platón dá unha visión dualista do ser humano. Os seres humanos estamos compostos por dúas partes: alma e corpo. A alma (psique) pertence ó mundo intelixible, e é eterna. Ésta divídise en tres partes: concupiscible, irascible e racional. A parte concupiscible é a dos instintos máis básicos, aparte irascible é a das emocións nobres e a parte racional é a que debe encargarse de controlar e equilibrar as demáis partes. O corpo (soma), pertence ó mundo sensible, e é mortal. A unión de corpo e alma prodúcese de forma accidental. Platón di que o corpo é como unha cárcere para a alma, e a alma procura saír. A alma debe conseguir o equilibrio para purificarse e volver así ó mundo intelixible.

A teoría das ideas é a base de toda a filosofía de Platón, e estará tamén na política e na ética.

Para Platón, ética e política non van por separado. Polo tanto, un home xusto é aquel que consegue que a súa parte racional da alma domine as outras dúas. E na sociedade a parte racional son os sabios ou filósofos, xa que eles coñecen a verdade (as ideas), e polo tanto deben guiar e gobernar ós demáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario